West Coast Eagles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
West Coast Eagles
Nome
CompletoWest Coast Eagles Football Club
Alcume(s)Eagles
CanciónWe're the Eagles
Temporada 2020
After finals7º (Elimination Final)
Liga
GoleadorJosh Kennedy (31 goles)
MellorNic Naitanui (Medalla John Worsfold)
Detalles do club
Fundación20 de outubro de 1986 (37 anos)
CidadeAustralia Occidental Perth, Australia Occidental
Cores     Azul mariño      Ouro
CompeticiónAFL: Masculino
AFLW: Feminino
WAFL: Reserva
PropietariosWest Australian Football Commission
DirectorRussell Gibbs
CEOTrevor Nisbett
AdestradorAFL: Adam Simpson
AFLW: Daniel Pratt
Capitán(s)AFL: Luke Shuey
AFLW: Emma Swanson
PremiershipsAFL (4)
  • 1992
  • 1994
  • 2006
  • 2018
Estadio(s)AFL: Optus Stadium (60 000)
AFLW: Mineral Resources Park (6 500)
AntesWACA Ground (1987–2000)
Subiaco Oval (1987–2017)
Uniformes
Casa
Fóra
Clash
Outra información
Páxina webWestCoastEagles.com.au

Os West Coast Eagles, oficialmente West Coast Eagles Football Club[1] e usualmente abreviado como Eagles (do inglés: Aguias) ou West Coast (do inglés: Costa Oeste), é un club profesional de fútbol australiano con sede no barrio de Lathlain, en Perth, Australia Occidental. O club foi fundado en 1986 como un dos dóus equipos de expansión da Australian Football League (AFL), naquela altura chamada Victorian Football League.

Os West Coast Eagles son un dos equipos da AFL máis exitosos da era AFL. En 1992 foron o primeiro equipo de fóra do estado de Victoria en xogar e gañar unha Grand Final da AFL. Desde aquela repetiron títolo en 1994, 2006 e 2018. Isto fai que sexa o segundo equipo con máis premierships desde 1990, tan só por detrás dos cinco de Hawthorn.[2] Son ademais un dos club con máis apoiados e rentábeis da competición, superando en 2020 os 100 000 afiliados.[3] O club conta tamén con equipo feminino da AFLW e de reservas na West Australian Football League.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Current details for ABN 31 009 178 894". ABN Lookup. 1 de novembro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2021. 
  2. "The best two clubs of the AFL era (and no, neither is Hawthorn)". theroar.com.au (en inglés). 9 de maio de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2021. 
  3. "Flag win a $2 million windfall for West Coast Eagles" (en inglés). 1 de outubro de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]