Hawthorn Football Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hawthorn Football Club
Three-quarter time huddle.jpg
Nome
CompletoHawthorn Football Club Limited
Alcume(s)Hawks, The Family Club
LemaSpectemur Agendo
CanciónWe're a Happy Team at Hawthorn
Temporada 2020
Liga15º
GoleadorJack Gunston (31 goles)
MellorJack Gunston (Peter Crimmins Medal)
Detalles do club
Fundación1902 (121 anos)
CidadeVictoria Melbourne, Victoria
Cores     Marrón      Dourado
CompeticiónAustralian Football League
Victorian Women's Football League
PresidenteJeff Kennett
CEOJustin Reeves
AdestradorAlastair Clarkson
Capitán(s)Ben McEvoy
PremiershipsVFL/AFL (13)
  • 1961
  • 1971
  • 1976
  • 1978
  • 1983
  • 1986
  • 1988
  • 1989
  • 1991
  • 2008
  • 2013
  • 2014
  • 2015
VFLW (1)
  • 2018
Estadio(s)Melbourne Cricket Ground (100 024)
 York Park (23 000)
AntesGlenferrie Oval (1906–1973)
 Princes Park (1974–1991)
 Waverley Park (1990–1999)
Uniformes
Casa
Fóra 1
Fóra 2
Outra información
Páxina webhawthornfc.com.au

O Hawthorn Football Club, alcumado Hawks (do inglés: Falcóns), é un club de fútbol australiano con sede en Mulgrave, barrio da cidade de Melbourne, Victoria, que compite na Australian Football League (AFL). O equipo fundouse no ano 1902 en Hawthorn, sendo o equipo menos lonxevo do estado na AFL. Hawthorn, que se uniu á competición en 1925, gaño trece premierships ao longo da súa historia, sendo o único equipo que conseguiu gañalos en cada unha das décadas de 1960, 1970, 1980, 1990, 2000 e 2010. O uniforme do equipo é de cor marrón con faixas verticais douradas. O lema do equipo é a frase latina spectemur agendo, é dicir, sexamos xulgados polos nosos actos.

Desde a súa fundación e até 1973, os Hawks xogaron os seus encontros como local no Glenferrie Oval de Hawthorn. Porén, actualmente xogan os seus encontros no Melbourne Cricket Ground (MCG), estadio con capacidade para 100 024 espectadores.[1] No tocante ás instalacións de adestramento e oficinas do club, os Hawks cambiáronse en 2006 desde Glenferrie até Waverley Park. De feito, é nos arredores desa zona onde se encontra a principal base de seguidores do club (periféria leste de Melbourne). Alén destes estadios, desde 2007 Hawthorn xoga catro encontros ao ano no York Park de Launceston, Tasmania. Hawthorn conta tamén con equipo feminino na VFL Women's, sendo así un dos únicos catro clubs da AFL que non conta con equipo participando na AFL Feminina (AFLW).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biggest Stadiums in The World By Capacity". worldatlas.com (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]