Saltar ao contido

Australian Football League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaAustralian Football League
Imaxe
Nome oficialAustralian Football League (1990–)
Victorian Football League (1897–1989) Editar o valor en Wikidata
TipoAustralian rules football league (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
DeporteFútbol australiano Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorToyota (2004–) Editar o valor en Wikidata
Número de participantes18 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónMelbourne (City of Melbourne (en) Traducir) 37°49′01″S 144°56′46″L / -37.8168698, 144.9461078 Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónAustralia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1896 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadamarzosetembro Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialafl.com.au Editar o valor en Wikidata
Facebook: AFL Twitter: AFL Instagram: afl Youtube: UCxAeHdLDAatFV_vt95MSO-g TikTok: afl Editar o valor en Wikidata

A Australian Football League (AFL, do inglés: Liga de Fútbol Australiano) é a competición masculina preeminente e única completamente profesional de fútbol australiano. A través da Comisión da AFL, a AFL tamén serve como organismo reitor do deporte e é responsable de controlar as regras do xogo. Orixinalmente coñecida como a Victorian Football League (VFL), foi fundada en 1896 como unha excisión da Victorian Football Association (VFA), sendo a súa temporada inaugural o ano seguinte. A VFL, co obxectivo de converterse nunha competición de carácter nacional, na década de 1980 comezou a expandirse a outros estados australianos máis aló de Victoria, mudando o seu nome a AFL en 1990. A AFL é a competición con máis audiencia de Australia, tanto en asistencia aos estadios como en espectadores por televisión e seguimento dos medios de comunicación.[1][2]

A liga consta actualmente de dezaoito equipos repartidos en cinco dos seis estados de Australia. A única excepción é Tasmania, aínda que hai moitos movementos que procuran o traslado dun equipo ao estado. Alén das respectivas sedes dos equipos, xóganse encontros da AFL en todos os estados e territorios continentais de Australia, así como en Nova Zelandia e a China para promover o deporte no estranxeiro. A temporada da AFL consiste actualmente nunha liga con 23 roldas disputada durante o inverno australiano (de marzo a setembro). O equipo que finaliza no primeiro lugar da táboa recibe o título do "minor premiership" (do inglés: campión menor). Após a finalización da liga, os oitos equipos mellor clasificados xoga un torneo de eliminación directa composto por catro roldas, o cal culmina na Gran Final de AFL, disputada cada ano no Melbourne Cricket Ground. O gañador da Gran Final recibe o premio de "premiers" (do inglés: campións) e a Premiership Cup (do inglés: Copa de Campións).[3]

A AFL funciona como unha soa liga pechada. É dicir, carece de divisións ou conferencia ou de ascensos e descensos. A liga foi fundada como Victorian Football League (VFL) en 1897, constando nesa altura de oito equipos, todos localizados no estado de Victoria. Co paso do tempo a liga foise expandido até chegar aos actuais dezaoito equipos, mudando o seu nome ao actual Australian Football League (AFL).

O Territorio da Capital Australiana, o Territorio do Norte e Tasmania son os únicos estados ou territorios que non teñen ningún equipo na AFL, aínda que cada ano se xogan polo menos dous encontros en cada unha desas partes do país. Aínda que os actuais dezaoito equipos teñen a súa sede en cinco estados de Australia, a maioría (10) permanecen en Victoria, nove dos cales están situados na área metropolitana de Melbourne. Os estados de Australia Meridional, Australia Occidental, Nova Gales do Sur e Queensland teñen dous equipos cada un.

Clubs actuais

[editar | editar a fonte]
Club Cores Alcume Estado Estadio Socios (2020) Fund. Liga
anterior
Temporadas VFL/AFL Títulos VFL/AFL
Estrea Total Total Último
Adelaide CrowsAustralia MeridionalAdelaide Oval54 891199019913021998
Brisbane LionsQueenslandThe Gabba29 277199619972432003
Carlton BluesVictoriaDocklands Stadium67 0351864VFA*1897+124161995
Collingwood MagpiesVictoriaMelbourne Cricket Ground76 8621892VFA1897+124152010
Essendon BombersVictoriaDocklands Stadium66 6861872VFA1897+122162000
Fremantle DockersAustralia OccidentalPerth Stadium51 57719941995260
Geelong CatsVictoriaKardinia Park60 0661859VFA1897+12192011
Gold Coast SunsQueenslandCarrara Stadium16 23620092011100
Greater Western Sydney GiantsNova Gales do SurSydney Showground Stadium30 8412009201290
Hawthorn HawksVictoriaMelbourne Cricket Ground76 3431902VFA192596132015
Melbourne DemonsVictoriaMelbourne Cricket Ground40 5711858VFA*1897+121121964
North Melbourne KangaroosVictoriaDocklands Stadium38 6671869VFA*19259641999
Port Adelaide PowerAustralia MeridionalAdelaide Oval46 8201870SANFL*19972412004
Richmond TigersVictoriaMelbourne Cricket Ground100 4201885VFA1908113132020
St Kilda SaintsVictoriaDocklands Stadium48 5881873VFA*1897+12211966
Sydney SwansNova Gales do Sur^Sydney Cricket Ground48 3221874VFA1897+12352012
West Coast EaglesAustralia OccidentalPerth Stadium100 776198619873442018
Western BulldogsVictoriaDocklands Stadium38 8761877VFA19259622016
^ indica que o club mudou de sede ao longo da súa historia
* indica que o club foi membro fundador da súa anterior liga
+ indica que o club foi membro fundador da VFL
indica que o club non participou nunha ou máis temporadas debido a Guerras Mundiais
  1. "Australian rules football". britannica.com (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021.
  2. "Australian rules football". topendsports.com (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021.
  3. "About AFL". afl.com.au (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]