Port Adelaide Football Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Port Adelaide Football Club
Contest (3), Haw v PA (6037622045).jpg
Nome
CompletoPort Adelaide Football Club Limited
Alcume(s)Power
Antigo(s)Cockledivers, Seaside Men, Seasiders, Magentas, Portonians, Ports
LemaWe Exist To Win Premierships
CanciónPower to Win
Temporada 2020
After finals3º (Semifinais)
Liga1º (14–3–0)
GoleadorCharlie Dixon (34 goals)
Mellor xogadorDarcy Byrne-Jones (John Cahill Medal)
Detalles do club
Fundación12 de maio de 1870 (152 anos)
CidadeAustralia Meridional Adelaida, Australia Meridional
Cores     Negro      Branco
     Turquesa      Prata
CompeticiónAustralian Football League (AFL)
DirectorDavid Koch
CEOMatthew Richardson
AdestradorKen Hinkley
Capitán(s)Tom Jonas
PremiershipsAFL (1)
  • 2004
Estadio(s)Adelaide Oval (55 317)
AntesGlanville Hall Estate (1870–1879)
 Football Park (1974–2013)
Uniformes
Casa
Clash
Tradicional
Outra información
Páxina webportadelaidefc.com.au

O Port Adelaide Football Club é un club profesional de fútbol australiano con sede en Alberton, Adelaida, Australia Meridional. O equipo sénior do club xoga na Australian Football League (AFL), onde recibe o alcume de Power (do inglés: Poder). O club conta tamén cun equipo reserva que compite na South Australian National Football League (SANFL), onde reciben o nome de Magpies (do inglés: Pegas). Desde a súa fundación, o club gañou 36 títulos da SANFL, 4 títulos do Campionato de Australia e unha Premiership da AFL (2004). Desde 2014, o club xoga os seus encontros como local no Adelaide Oval, estadio con capacidade para 55 317 espectadores. As cores do club son o negro e o branco, adoptadas por vez primeira en 1902. Con todo, após a súa entra na AFL, o club engadiu á súa vestimenta as cores turquesa e prata para diferenciarse do Collingwood.

Fundado en 1870, é o club de fútbol australiano profesional máis antigo de Australia Meridional e o quinto da AFL. O Port Adelaide foi membro fundador da South Australian Football Association (SAFA), precursora da SANFL, sendo a forza dominante deste deporte no estado. Despois de ingresar na AFL en 1997, o club conseguiu tres minor premierships e unha premiership baixo a dirección do adestrador Mark Williams entre 2002 e 2004 co adestrador. Outra característica importante do club é que é o único equipo de fóra do estado de Victoria que ingresou na AFL desde outra liga.[1] Os principais rivais históricos do club son o Morwood da SANFL e os Adelaide Crows da AFL. O encontro que disputan anualmente estes dous equipos recibe o nome de Showdown.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cherny, Daniel (26 de xuño de 2014). "Port to lobby for SANFL flags to count in revised AFL tally". The Age (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]