Mickey Rooney
Mickey Rooney | |
---|---|
Nome completo | Ninian Joseph Yule, Jr. |
Nacemento | 23 de setembro de 1920 e 1920 |
Lugar | Brooklyn |
Falecemento | 6 de abril de 2014 e 2014 |
Lugar | Studio City |
Causa | doenza |
Soterrado | Hollywood Forever Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Fairfax High School, Hollywood High School, Hollywood Professional School e Morningside High School |
Pai | Joe Yule |
Nai | Nellie W. Carter |
Cónxuxe(s) | Ava Gardner, B. J. Baker, Martha Vickers, Elaine Devry, Carolyn Mitchell, Marge Lane, Carolyn Hockett e Jan Rooney |
Fillos | Michael Rooney, Tim Rooney, Mickey Rooney Jr., Kyle Rooney, Kimmy Rooney, Kerry Rooney, Jimmy Rooney, Jonelle Rooney e Teddy Rooney |
Profesión | cantante, novelista, Actor de dobraxe, escritor, humorista, militar, director de cinema, locutor de radio, produtor de televisión, produtor de cinema, actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, actor, actor de dobraxe e guionista |
Na rede | |
http://mickeyrooney.com | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mickey Rooney, nado Joseph Yule, Jr. en Nova York o 23 de setembro de 1920 e finado no barrio de Studio City dos Ánxeles o 6 de abril de 2014, foi un actor estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dos actores de vodevil Joe Yule e Nellie W. Carter, comezou a súa carreira en 1922 con 17 meses como parte do espectáculo de seus pais ata que se separaron en 1924, quedando Mickey con súa nai que marchou a vivir a Hollywood. A partir de 1927 realizou o papel de Mickey McGuire, baseado na banda deseñada de Fontaine Fox, nunha longa serie de curtas que remataron en 1936.
Ao ano seguinte seleccionouse a Rooney para realizar o papel de Andy Hardy en A Family Affair e fixo o seu primeiro protagonista nunha longametraxe, en Thoroughbreds Don't Cry xunto a Judy Garland. En Boys Town con Spencer Tracy interpretou o seu primeiro papel dramático. Outros filmes de grande éxito foron Babes in Arms (1939), Strike Up the Band (1940) e Babes on Broadway (1941).
Durante a segunda guerra mundial serviu no exército entretendo as tropas en Europa e América e como personalidade da radio da American Forces Network. Despois da guerra volveu á súa carreira como actor pero con menos éxito. The Mickey Rooney Show (1954-1955) foi a primeira serie que realizou para a televisión. Na década de 1960 actuou sobre todo no teatro, aínda que seguiu a actuar en filmes, como en Breakfast at Tiffany's (1961) e na televisón, coa súa propia serie Mickey (1964-1965). Desde entón seguiu a alternar o seu traballo en cine, televisión e teatro.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mickey Rooney |
- Nados en 1920
- Finados en 2014
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores infantís dos Estados Unidos de América
- Personalidades da radio dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Nados en Nova York
- Óscar honorífico