Río Texo
| Tipo | río río aurífero río principal | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Península Ibérica e val do Texo | ||||
| Inicio | |||||
| Continente | Europa | ||||
| País da cunca | España e Portugal | ||||
| Altitude inicial | 1.593 m | ||||
| Localización | Fuente García | ||||
| Final | |||||
| Altitude final | 0 m | ||||
| División administrativa | mar a fóra | ||||
| Localización | Océano Atlántico | ||||
| |||||
| Conéctase con | Praça do Comércio | ||||
| Afluentes | 54 | ||||
| Conca hidrográfica | conca hidrográfica do Texo | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 1.007 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 80.602 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 500 m³/s | ||||
O Texo (Tajo en castelán; Tejo en portugués) é o río máis longo da Península Ibérica, que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na Fuente de García, na Serra de Albarracín, que pertence aos Montes Universales (Teruel), a 1.593 m de altitude, e desemboca no océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla, no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.
Características
[editar | editar a fonte]Percorre unha lonxitude de 1.008 km, 816 deles por territorio español, onde discorre por catro comunidades autónomas (Aragón, Castela-A Mancha, Madrid e Estremadura) e un total de seis provincias (Teruel, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Toledo e Cáceres).
Logo de formar fronteira entre España e Portugal ao longo de 47 km, entra neste último país.[1] Aquí percorre 145 km, a través das rexións tradicionais de Alto Alentexo, Ribatexo e Estremadura, nas que se integran os distritos de Portalegre, Santarém e Lisboa.
Nas súas beiras érguense cidades españolas como Aranjuez, Toledo e Talavera de la Reina, e portuguesas como Abrantes, Santarém e Lisboa.
A súa conca ten unha superficie total de 80.600 km². É a de maior poboación da Península Ibérica, con máis de dez millóns de habitantes. Nela intégranse as áreas metropolitanas de Madrid e Lisboa.
A conca do Texo alcanza unha capacidade total de encoro ao redor dos 14.500 hm³. Polo que respecta ao territorio español, atópase regulada pola Confederación Hidrográfica del Tajo, organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O Transvasamento Texo-Segura deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de España.[2]
O seu curso alto está incluído dentro do Parque Natural do Alto Texo, na provincia de Guadalaxara. Tamén o seu curso medio-baixo está protexido legalmente, mediante o Parque Nacional de Monfragüe, localizado na provincia de Cáceres. Máis adiante atópase Parque Natural do Texo Internacional, entre a provincia de Cáceres e Portugal. Na súa desembocadura atópase a Reserva Natural do Estuario do Texo.
Os seus principais afluentes son: Jarama, Guadarrama, Alberche e Alagón, pola dereita; e Guadiela e Salor pola esquerda.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Porto de Lisboa
- Vista do esteiro do Texo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O percorrido de 47 km no cal o río delimita a fronteira entre España e Portugal é coñecido como "Texo Internacional".
- ↑ Portal Auga (n/d). Portal Auga, ed. "¿Cómo funciona el trasvase Tajo-Segura?" (en castelá). Arquivado dende o orixinal o 2007. Consultado o 25 de novembro 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Texo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Confederación hidrográfica do Texo (en castelán)
Pontes sobre este curso de auga (mapa/imaxes) en Wikidata.
