Río Guadarrama
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| Altitude inicial | 1.700 m | ||||
| División administrativa | Comunidade de Madrid, España e provincia de Toledo, España | ||||
| Localización | Siete Picos | ||||
| Final | |||||
| Altitude final | 432 m | ||||
| Localización | Río Texo | ||||
| |||||
| Afluentes | Aulencia (pt) | ||||
| Conca hidrográfica | conca hidrográfica do Texo | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 132 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 1.708 km² | ||||

O río Guadarrama é un afluente do Texo que nace na Comunidade de Madrid (España), á que atravesa nos seus cursos alto e medio. Entra no seu curso baixo na provincia de Toledo, onde desemboca despois de percorrer 131,8 km. Ten a súa orixe no val da Fuenfría, a uns 1900 m de altitude, dentro do termo municipal de Cercedilla (Madrid), na ladeira sur da serra de Guadarrama (sistema Central). Percorre ambas as provincias nun trazado moi axustado á vertical norte-sur.
O seu curso medio atópase protexido dentro do Parque Rexional do Curso Medio do río Guadarrama e a súa contorna, un dos tres parques rexionais da Comunidade de Madrid. A superficie da súa conca é de 1708 km² e nela atópase o Aulencia, que discorre integramente pola Comunidade de Madrid. Este é o seu principal afluente e fornece de augas ao encoro de Valmayor, o segundo de maior capacidade da rexión madrileña. Os restantes afluentes son arroios e regatos de curto percorrido.
