Parque Natural do Alto Texo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alto Texo
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 2000
Superficie: 105.000 hectáreas
Lexislación: Lei 1/2000, do 6 de abril (DOCM. Nº43, de 5/5/00)
Datos de interese
País: España España
Provincias: Guadalaxara, Cuenca
Concellos: 44
Ríos: Texo
Picos
Direccións de interese: CM-2015, Km. 85. 19431 Corduente (Guadalaxara)
Teléfonos: 949 84 82 17

O Parque Natural do Alto Texo (Parque Natural del Alto Tajo en castelán) atópase en Castela-A Mancha, estendéndose polas provincias de Guadalaxara e Cuenca, constituíndo un amplo sistema de foces naturais no curso alto do río Texo e os seus afluentes ao seu paso por estas provincias. Conta con grandes forestas e unha gran diversidade climática, topográfica e xeolóxica. Os ecosistemas máis estendidos son os sistemas montañosos, as fragas mediterráneas e as zonas húmidas.

Historia[editar | editar a fonte]

Alto Texo.

Foi creado no ano 2000[1] como parte do desenvolvemento do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN)[2] cunha superficie de 105.721 ha e máis outras 68.824 ha de Zona Periférica de Protección que abranguen até 44 concellos. Ademais, estabelecéronse varias Zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e Lugares de importancia comunitaria (LIC) de acordo coa Rede Natura 2000.[3] Coa creación destes espazos naturais preténdese protexer varios lugares de importancia xeomorfolóxica e microhábitats de interese florístico, así como diversas especies de flora e fauna.

Flora[editar | editar a fonte]

Imaxe do Parque Natural

Dominan as coníferas coma o piñeiro negral, o piñeiro rubio e o xenebreiro español (juniperus thurifera). Entre os arbustos salientar o buxo, o crataegun monogyna (majuelo en castelán) e a gayuba (arctostaphylos uva-ursi).

Fauna[editar | editar a fonte]

Gran presenza de aves rapaces e mamíferos coma o xabaríl ou a garduña. A bolboreta isabelina (graellsia Isabelae) ten aquí un dos seus últimos redutos ibéricos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ACERO, Miguel Ángel e LÓPEZ VÁZQUEZ, Luis. Andar por el Alto Tajo : (Guadalajara, Cuenca y Teruel). Acción Divulgativa. Madrid, 1992. ISBN 978-84-7955-031-8
  • AMORÓS, Francisco. Estudio faunístico del Alto Tajo. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Centro de Publicaciones. Madrid, 1984. ISBN 978-84-7479-251-5
  • APARICIO MANRIQUE, Aurora e GARCÍA GARCÍA, Esperanza. Itinerario ecológico y literario: el alto Tajo. Ediciones Pedagógicas. Madrid, 1995. ISBN 978-84-411-0109-8
  • CARCAVILLA, Luis, RUIZ, Rafael, e RODRÍGUEZ, Esaú. Guía geológica del Parque Natural de Alto Tajo. JCCM, Servizo de publicacións. Toledo, 2008. ISBN 978-84-7788-493-4
  • GARCÍA GIMÉNEZ, Rosario, GONZÁLEZ AMUCHASTEGUI, María José y GONZÁLEZ MARTÍN, José Antonio (1994). "Naturaleza hidrogeográfica de los conjuntos kársticos en la zona de Molina de Aragón y alto Tajo a partir de sus surgencias". Anales de geografía de la Universidad Complutense (14). ISSN 0211-9803, páxinas 209-225. 
  • GARCÍA PERDICES, Jesús. Nieve en el Alto Tajo. AUTOR-EDITOR 193. Guadalajara, 1980. ISBN 978-84-300-3279-2
  • GONZÁLEZ AMUCHASTEGUI, María José y FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Antonio (1996). "Cartografía de cañones: Alto Tajo y cañón del Júcar en la Manchuela. Problemas Metodológicos". Espacio, forma y tiempo. Serie VI, Geografía. ISSN 1130-2968, páxinas 93-102. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2022. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  • GONZÁLEZ AMUCHASTEGUI, María José (1997). "Estudio de la región de Molina de Aragón y Alto Tajo: geomorfología y Cartografía". Wad-al-Hayara: Revista de estudios de Guadalajara (24). ISSN 0214-7092, páxinas 403 e seguintes. 
  • GONZÁLEZ AMUCHASTEGUI, María José. Geomorfología del "alto Tajo" en el sector de Molina de Aragón. Universidade Autónoma de Madrid. Servizo de Publicacións (Tese de doutoramento de 1993). Cantoblanco, Madrid, 2004. ISBN 978-84-7477-492-4
  • GONZÁLEZ AMUCHASTEGUI, María José (1998). "Geomorfología y etapas de karstificación en la rama castellana del Sistema Ibérico". Estudios geográficos 59 (232). ISSN 0014-1496, páxinas 423-441. 
  • GONZÁLEZ AMUCHASTEGUI, María José (1999). "Las acumulaciones tobáceas del Puente San Pedro (Sistema Ibérico): modelo evolutivo". Papeles de Geografía (29). ISSN 0213-1781, páxinas 111-126. 
  • ICONA. Estudio faunístico de la zona del Alto Tajo entre el puente de Valtablado del Río y el puente de San Pedro. Contribución al conocimiento de sus recursos naturales como determinantes de su manejo integrado. Servizo de Publicacións Agrarias. Madrid, 1984.
  • LÓPEZ VÁZQUEZ, Luis. El Alto Tajo. El Senderista. Madrid, 2003. ISBN 84-95368-01-3
  • MORA SÁNCHEZ, Antonio, CÓRDOBA LEIVA, José Luis e BARRERA LINARES, David. La estructura económica del turismo en el Alto Tajo. Mora Sánchez, Antonio. Málaga, 2001. ISBN 978-84-607-2927-3
  • SAMPEDRO, José Luis. El río que nos lleva. Aguilar. Barcelona, 1961. (Edición original agotada). Nueva edición: Ediciones Destino. Barcelona, 2003. ISBN 978-84-233-2257-2
  • SANZ GARCÍA, Carlos. Alto Tajo (Guadalajara). Deputación Provincial de Guadalajara. Guadalajara, 1994. ISBN 978-84-87791-12-3

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]