Saltar ao contido

Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur
 Nome orixinal
    Provincia de Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
fueguino (es)
fueguina (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua usada
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Governor of Tierra del Fuego (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Gustavo Melella (en) Traducir (2023 - 2027)
Gustavo Melella (en) Traducir (2019 - 2023) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1990 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
101.079 (2001) censo
127.205 (2010) censo
185.732 (2022) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
987.168 km²
21.571 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   144 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Cerro Vinciguerra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap153550 Editar o valor en Wikidata
VIAF324159474329327662892 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/024vn9 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: findelmundo.gob.ar Twitter: findelmundoar Instagram: findelmundo.gob.ar BNE: XX5734268 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur[1][2][3] (en castelán: Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur), de xeito simplificado Terra de Fogo ou Terra do Fogo,[4][5] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 127.205 habitantes (2010)[Cómpre referencia] e a súa capital é Ushuaia.

Toponimia

[editar | editar a fonte]
  • Tierra del Fuego: Fernão de Magalhães (1520) nomeouna «Tierra de los fuegos» ao ver desde o seu barco os fachos dos selk'nam.[6]
  • Ushuaia: Nome que deriva das voces ushu (que significa ‘ao fondo’) e uaia (‘caleta, baía ou porto’), en lingua yámana, e significa ‘baía que penetra cara ao oeste’.[7]
  • Río Grande: Débese ao río Grande, en cuxas beiras aséntase a cidade. Este nome comezou a usarse en 1891.
  • Tolhuin: En lingua selk'nam significa ‘corazón’, e atópase no corazón da illa.

Xeografía física

[editar | editar a fonte]

Localización

[editar | editar a fonte]

O territorio da provincia está composto pola parte oriental da illa Grande da Terra do Fogo e a illa de los Estados. A illa limita ao norte co estreito de Magalhães, ruta de comunicación entre os océanos Atlántico e Pacífico e ao sur co canal Beagle. Os límites provinciais esténdense no sector Antártico arxentino e Illas do Atlántico Sur, entre os meridianos 25°O. e 74°O. e o paralelo 50°S, formando parte do territorio provincial grandes extensións de auga sobre o Atlántico.[8]

Superficie

[editar | editar a fonte]
Puerto Cook na illa de los Estados.
Glaciar Martial.
  • Superficie baixo soberanía efectiva: 21 478 km², incluíndo unicamente o sector arxentino da illa Grande da Terra do Fogo, a illa de los Estados e outras illas menores.
  • Superficie incluíndo os territorios en litixio e os reclamados: 1 002 352 km², súmase á superficie anterior a da Antártida Arxentina e as illas do Atlántico Sur.

As terras e augas reclamadas na Antártida comprenden o sector entre os meridianos 25º O e 74º O, o paralelo 60º S e o Polo Sur onde se atopan tamén as illas Orcadas del Sur e Shetland do Sur. Esta reclamación superponse parcialmente coa de Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa do Reino Unido (Territorio Antártico Británico), porén, tódalas reclamacións antárticas atópanse rexidas polo Tratado Antártico que conxela as disputas de soberanía, aínda que mantéñense vixentes as reclamacións feitas antes da firma de dito tratado. As illas do Atlántico Sur comprenden aos arquipélagos das Malvinas, Xeorxia do Sur (incluíndo aos arquipélagos das illas Aurora e os illotes Rocas Clerke) e Sándwich del Sur; atópanse baixo administración británica, pero segundo a ONU a súa soberanía está en litixio coa Arxentina.

Limita -o seu sector patagón- ao oeste e ao sur con Chile, ao norte e ao leste co océano Atlántico, en canto aos seus límites na Antártida Arxentina e as Antillas del Sur ou illas do Atlántico Sur

Transportes

[editar | editar a fonte]
O Tren del Fin del Mundo, orixinalmente construído para servir á prisión de Ushuaia e agora operando para o turismo, é o tren máis austral do mundo en funcionamento.
Embarcación navegando no canal Beagle en Ushuaia.
Porto de Ushuaia.

Terrestre

[editar | editar a fonte]

A vía de comunicación entre as localidades principais é a ruta nacional n.º 3. Existen servizos de transporte privado que unen Ushuaia con Río Grande, pasando por Tolhuin, con saídas diarias e con frecuencia horaria ampla.

Para acceder á parte continental do país hai que transitar por territorio chileno uns 150 km, cruzando ademais o estreito de Magalhães en barcaza (transbordador).

Marítimo

[editar | editar a fonte]
  • Porto de Ushuaia: arriban buques de transporte naval, barcos comerciais e turísticos. É o porto da Arxentina máis próximo á Antártida.
  • Porto de Río Grande, con violentas correntes. Atópase en construción o porto Caleta La Misión nas proximidades da cidade.
  • Porto petroleiro de San Sebastián.
  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para foguino.
  2. ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
  3. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para antártico.
  4. ↑ Criterios para uso da Lingua da UDC
  5. ↑ Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1299. ISBN 9788482887524.
  6. ↑ Chapman, Anne (14 de outubro de 2008). "El origen del nombre “Tierra del Fuego”" (en español). Consultado o 19 de febreiro de 2010.
  7. ↑ Canclini, Arnoldo (1984). "Apéndices". En Asociación Hanis. Ushuaia 1884-1984 (en español) (1 ed.). Arxentina: Municipalidad de Ushuaia. p. 529. Debido a lo difícil de la pronunciación nativa (...) la variaciones de la grafía son enormes. (...) En 1938, el libro La nomenclatura geográfica y la terminología técnica, Santiago, Chile, traía dieciocho variantes (...)
  8. ↑ "Declaración da lei da definición da provincia". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 06 de xullo de 2013.
  9. ↑ "Aeroclub Ushuaia". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2010. Consultado o 06 de xullo de 2013.
  10. ↑ "Aeroclub Río Grande". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 06 de xullo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]