Saltar ao contido

Provincia da Pampa

(Redirección desde «Provincia de La Pampa»)
Provincia da Pampa
 Nome orixinal
   Provincia de La Pampa (es)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Provincia de La Pampa (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
20 de xullo de 1951 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
361.859 (2022)
318.951 (2010) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   143.440 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   279 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
Códigos e identificadores
OpenStreetMap153541 Editar o valor en Wikidata
VIAF152508211 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02l5nz Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX5352051
Wikidata C:Commons

A provincia da Pampa[1][2] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 316.940 habitantes (2010) e a súa capital é Santa Rosa. Limita ao oeste coa provincia de Mendoza, ao sur co río Colorado que a separa da provincia de Río Negro, ao leste coa de Buenos Aires e ao norte con San Luis e Córdoba. Os límites das provincias da Pampa, Río Negro, Mendoza e Neuquén, atópanse nun punto, na intersección do río Colorado coa traza errónea do meridiano X Oeste de Buenos Aires (68º 15' O).

Trátase dunha das provincias máis novas do país, xa que foi recoñecida politicamente en 1952. Até ese ano foi un Territorio Nacional (Territorio Nacional da Pampa), que debido á lei Nº 14037 sancionada na cámara de deputados, o Territorio Nacional da Pampa, xunto ao Territorio Nacional del Chaco transformáronse en provincias pola promulgación de Juan Domingo Perón (entón presidente da Arxentina).

Sitúase no centro do país, contendo as últimas características da pampa húmida (cara ao noroeste), con signos distintivos da Patagonia cara ao oeste e sur, e entre eles unha gran franxa con orientación noroeste-sueste denominada «caldenal», zona que alberga bosques de caldén, unha árbore que conta nesta provincia co seu centro de dispersión mundial.

División administrativa

[editar | editar a fonte]

A provincia atópase dividida en 22 departamentos, 58 municipios, 21 comisións de fomento e un ente comunal. Os municipios e comisións de fomento son independentes dos departamentos e en xeral abarcan territorios de máis dun, chegando nun caso a catro.

División administrativa da provincia da Pampa e a súa capital.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pampeiro.
  2. Gran dicionario século21 da lingua galega. Editorial Galaxia. 2006. p. 1440. ISBN 9788482893419.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]