Lingua yámana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yámana
Háusi Kúta
Outros nomes:Yahgan
Falado en: Chile e Arxentina
Rexións: Terra do Fogo
Total de falantes: 1 (2013)[1]
Familia: Illada
 Yámana
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: yag

A lingua yámana[2] tamén coñecida como yaghan e Háusi Kúta, é unha das linguas indíxenas da Terra de Fogo, falada tradicionalmente polo pobo yámana. Está considerada unha lingua illada, malia que algúns lingüistas tentaron relacionala co kawésqar e as linguas chon. O yámana tamén foi falado por un breve período na illa Keppel das Illas Malvinas nun asentamento misioneiro.

Despois da morte de Emelinda Acuña ós 84 anos (1921 – 12 de outubro de 2005), só queda unha falante nativa, Cristina Calderón de Villa Ukika na illa Navarino, Chile.[3] Calderón (a miúdo é coñecida sinxelamente como Abuela) é a cuñada de Acuña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ethnologue (ed.). "Yámana en Ethnologue (18th ed., 2015)". Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  2. Definición de yámana no Dicionario de Galego.
  3. Jackie Hailey (14 de outubro de 2005). "Extinction on the horizon for indigenous tribe in Chile: Second-To-Last Yagana Woman Dies Of A Heart Attack". The Santiago Times (Santiago). Consultado o 04 de outubro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]