Álvaro Cunhal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Álvaro Cunhal
Alvaro Cunhal (1980).jpg
AlcumeManuel Tiago
Nacemento10 de novembro de 1913
Lugar de nacementoCoímbra
Falecemento13 de xuño de 2005
Lugar de falecementoLisboa
NacionalidadePortugal
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Lisboa
Ocupaciónpolítico, escultor, escritor e avogado
PaiAvelino da Costa Cunhal
PremiosOrde de Lenin, Order of Friendship, Ordem de Playa Girón e Orde da Revolución de Outubro
editar datos en Wikidata ]
Álvaro Cunhal.

Álvaro Barreirinhas Cunhal, nado en Sé Nova (Coimbra) o 10 de novembro de 1913 e finado en Lisboa o 13 de xuño de 2005, foi un político e avogado portugués que dedicou a súa vida ó ideal comunista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do avogado Avelino Henriques da Costa Cunhal. No 1931, con tan só 17 anos, afiliouse ó Partido Comunista Portugués, que integra entón á Liga dos Amigos da URSS e ó Socorro Vermelho Internacional, ó mesmo tempo que ingresa na Facultade de Dereito de Lisboa, onde inicia a súa actividade política. No ano 1934, é elixido representante dos estudantes no Senado Universitario. Gradúase en dereito no 1935 e no mesmo ano é elixido secretario-xeral da Federação das Juventudes Comunistas. No ano 1936, após dunha visita á URSS como integrante da delegación portuguesa ó VII Congreso da Comintern, é cooptado para o comité central do Partido Comunista.

Xa no ano 1940, Cunhal é escoltado pola policía á Facultade de Dereito, onde presenta a súa tese de doutoramento, sobre a temática do aborto e a súa despenalización. A pesar do ambiente pouco propicio, a súa tese foi clasificada con 19 valores.

Debido ás súas ideas, foi preso e torturado no 1937, 1940 e 1949. Dos trece anos que estivo encarcerado, foi mantido incomunicado durante catorce meses e pasou oito nun total illamento. O 3 de xaneiro de 1960, Cunhal, xuntamente con outros camaradas, todos membros destacados do partido, protagonizaron a famosa fuga do Cárcere de Peniche.

Ocupou o cargo de secretario-xeral do Partido Comunista Portugués de 1961 a 1992, cando foi substituído por Carlos Carvalhas.

Regresou a Portugal cinco días despois do 25 de abril de 1974. Foi ministro sen carteira no I goberno provisorio e tamén deputado entre 1975 e 1992. No 1982, tornouse membro do Conselho de Estado, abandonando este posto dez anos despois, cando saíu do liderado do PCP.

Faleceu en Lisboa, e o seu funeral realizouse o 15 de xuño de 2005, onde participaron máis de 250.000 persoas. O seu corpo foi cremado, en cumprimento da súa última vontade.

Obras[editar | editar a fonte]

Retrato de Henrique Matos.

Colaborou en varios xornais e é autor de varias obras:

  • Rumo à vitória, (1964);
  • O radicalismo pequeno-burguês de fachada socialista, (1970 e 1971);
  • Contribuição ao estudo da questão agrária – I e II, (1976);
  • A revolução portuguesa – o passado e o futuro, (1976);
  • As lutas de classes em Portugal nos fins da Idade Média, (1980);
  • O partido com paredes de vidro, (1985);
  • Discursos políticos – 22 volumes, (1974-1987);
  • Acção revolucionária, capitulações e aventura, (1994);
  • A arte, o artista e a sociedade, (1996);
  • O Aborto – causas e soluções, (1997);
  • A verdade e a mentira na revolução de Abril (a contra-revolução confessa-se), (1999).

É autor de varios romances e novelas, editados co pseudónimo de Manuel Tiago, pintor e ensaísta.

Obras literarias (publicadas co o pseudónimo de Manuel Tiago):

  • Até Amanhã, Camaradas;
  • Cinco Dias, Cinco Noites;
  • A Estrela de Seis Pontas;
  • A Casa de Eulália;
  • Fronteiras;
  • Um risco na areia;
  • Sala 3 e outros contos;
  • Os corrécios e outros contos;
  • Lutas e vidas – um conto.

Artes Plásticas:

  • Desenhos da Prisão – I e II.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]