Movimento das Forças Armadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MFA - Rumo à liberdade, Viva o 25 de Abril, pintura mural no Porto, 1974.[1]

O MFA ou "Movimento das Forças Armadas" foi o responsábel do golpe militar que rematou co Estado Novo en Portugal, o 25 de abril de 1974.

Historia[editar | editar a fonte]

O principal motivo deste grupo de militares era o desexo de liberdade democrática e o descontento pola política seguida polo goberno en relación coa Guerra Colonial.

As tropas foron comandadas no terreo por diversos capitáns, de entre os cales foi sendo cada vez máis importante a figura de Salgueiro Maia, que comandou ás tropas vindas da escola de cabalería de Santarém. No cuartel de Portinha, as operacións eran dirixidas polo brigadista Otelo Saraiva de Carvalho (tras a revolución foi ascendido á categoría de xeneral).

Notas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.