Marcelo Caetano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Marcelo Caetano
Marcello caetano.jpg
Nacemento 17 de agosto de 1906
  Lisboa
Falecemento 26 de outubro de 1980
  Río de Xaneiro
Nacionalidade Portugal
Alma máter Universidade de Lisboa
Ocupación político, catedrático de universidade, avogado e historiador
Premios Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orde de Cristo, Grand Cross of the Order of the Sword of Sant'Iago, Grand Cross of the Order of the Tower and Sword e doutor honoris causa
editar datos en Wikidata ]

Marcelo das Neves Alves Caetano, nado en Lisboa (Portugal) en 1906 e finado no Río de Xaneiro (Brasil) en 1980, foi un político, profesor e historiador portugués; último primeiro ministro da etapa do Estado Novo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Lisboa, e douturouse en 1931. Comezou a súa carreira política en 1940, ocupando algúns cargos importantes no Estado Novo. Foi Comisario Nacional da Mocidade Portuguesa, ministro das Colonias e presidente da Cámara Corporativa.

Sempre ligado aos círculos políticos da dereita, apoiou a ditadura salazarista. En 1934 presentou o proxecto de Código Administrativo (que regula todos os aspectos da administración autárquica: o orgánico, o financeiro, o persoal e o contencioso) que foi aprobado ese mesmo ano. Presidiu a comisión que revisou o Código e publicou un novo en 1939.

En 1937, publica a primeira edición do seu Manual de Dereito Administrativo que, na súa vida, coñecería dez edicións (a última en 1973), todas diferentes e melloradas. Exerceu cargos políticos destacados no Estado Novo (ministro das Colonias, presidente da Cámara Corporativa e ministro da Presidencia ata 1958, cando unha importante crise política provoca a súa destitución por parte de Salazar).

Tras xurar non volver á vida política e tido pedido a súa exclusión do Consello de Estado, do que era titular vitalicio, non explica nas súas memorias por que razón, en 1968, á altura da destitución de Salazar, volveu a ese mesmo Consello e acabou por ser nomeado presidente do Consello de Ministros. Con todo, os seus méritos de intelectual e profesor de Dereito non son escurecidos polo seu desempeño das actividades políticas e gobernamentais. Foi o creador do moderno Dereito Administrativo Portugués, cuxa disciplina sistematizó e ordenou; influenciou a varias xeracións de xuristas e tamén de gobernantes. Foi profesor de Dereito Constitucional e tamén aquí deixou a mesma influencia aos vindeiros (estudáronse, por primeira vez desde un punto de vista xurídico e sistemático, os problemas dos fins e funcións do Estado, da lexitimidade dos gobernantes, dos sistemas de goberno etc.).

Foi tamén un historiador do Dereito de méritos pouco igualados, especialmente da Idade Media portuguesa; os seus estudos sobre as Cortes de 1254 e 1385 continúan sendo referencia. Ademais, o seu pasatempo de historiador revélase en cada manual das disciplinas dogmáticas en que son constantes as referencias históricas e eruditas sobre cada asunto. Morreu pouco tempo antes de ser publicado o primeiro e único volume da súa Historia do Dereito Portugués (que abarca desde antes da fundación da nacionalidade ata o final do reinado de Xoán II, en 1495)). Morreu, sen desexos de regresar xamais a Portugal no exilio no Brasil, logo da Revolución dos Caraveis que lle retirou todo dereito a pensións de xubilación.

Predecesor:
António de Oliveira Salazar
Primeiro Ministro de Portugal
1968 - 1974
Sucesor:
Xunta de Salvación Nacional