Pedro Passos Coelho
Pedro Passos Coelho | |
---|---|
![]() | |
Primeiro Ministro de Portugal | |
Período | 21 de xuño de 2011 - actualidade |
Antecesor | José Sócrates |
Datos persoais | |
Nacemento | 24 de xullo de 1964 |
Coímbra | |
Organización | PSD |
Cónxuxe | Fátima Padinha (div.) Laura Ferreira |
Alma máter | Universidade de Lisboa |
Profesión | economista e político |
Relixión | catolicismo |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pedro Manuel Mamede Passos Coelho nado en Coímbra o 24 de xullo de 1964[1], é un economista e político portugués, Primeiro Ministro do seu país de 2011, cando herdou o cargo de José Sócrates, a 2015, cando foi substituído por António Costa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pasou a súa infancia entre Silva Porto (hoxe Kuito) e Luanda en Angola,[1] onde o seu pai exerceu a medicina. Regresou a Portugal cando tiña 9 anos[1] e estableceuse coa súa familia en Vale de Nogueiras e estudou no Liceo Nacional Camilo Castelo Branco, en Vila Real.
Ao catorce anos uniuse á Mocidade Social Demócrata, onde foi membro do Consello Nacional, entre 1980 e 1982, e chegou á presidencia da Comisión Política en 1990, ocupando o cargo até 1995.[1] Foi deputado na Asemblea Nacional, pola circunscrición de Lisboa, entre 1991 e 1999, onde se uniu á Asemblea Parlamentaria da OTAN até 1995 e foi vicepresidente do Grupo parlamentario do Partido Socialdemócrata -PSD, desde 1996 a 1999. Presentouse como candidato para alcalde de Amadora e foi elixido rexedor entre 1997 e 2001.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pedro Passos Coelho |
Predecesor: José Sócrates |
![]() Primeiro Ministro de Portugal 2011 - 2015 |
Sucesor: António Costa |
Primeiro Ministro de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: José Sócrates |
Pedro Passos Coelho | Precede a: António Costa |
PSD |