António Ramalho Eanes
Nome orixinal | (pt) António dos Santos Ramalho Eanes |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1935 (89 anos) Alcains, Portugal |
2º Presidente do Partido Renovador Democrático (pt) | |
19 de outubro de 1986 – 5 de agosto de 1987 | |
16º Presidente de Portugal | |
14 de xullo de 1976 – 9 de marzo de 1986 ← Francisco da Costa Gomes – Mário Soares → | |
Deputado da Asemblea da República de Portugal | |
Lexislatura: V Legislatura da Terceira República Portuguesa (pt) Circunscrición electoral: Lisboa | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Academia Militar Portuguesa |
Actividade | |
Campo de traballo | Política e exército |
Ocupación | político, revolucionario, militar, soldado |
Período de actividade | 1952 - |
Partido político | Partido Renovador Democrático (pt) (1985–1987) |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Portugués |
Rango militar | Tenente Coronel Comandante Xeneral |
Conflito | Guerra colonial portuguesa |
Familia | |
Cónxuxe | Maria Manuela Portugal Eanes |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978 |
António dos Santos Ramalho Eanes, nado en Castelo Branco o 25 de xaneiro de 1935, é un oficial militar e expolítico portugués. Foi o primeiro presidente da República democraticamente elixido despois da revolución de 1974.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ramalho Eanes naceu en Alcains, concello de Castelo Branco, nunha familia humilde, fillo de Manuel dos Santos Eanes e Maria do Rosário Ramalho. En 1942 entra no Liceu de Castelo Branco. Alístase no exército en 1952, estudando tácticas militares (Escola do Exército, de 1952 a 1956; Curso de Instrución de Operacións Especiais, en 1962; instrutor de Acción Psicolóxica no Instituto de Altos Estudos Militares, en 1962). No exército, Ramalho Eanes segue a rama de Infantaría. Serve na Guerra Colonial onde combateu na India Portuguesa, Macau, Mozambique, Guinea-Bissau e Angola. Despois dunha dilatada carreira militar, Eanes atopábase aínda de servizo en Angola cando se levou a cabo a revolución do 25 de Abril. Adheriuse ao Movimento das Forças Armadas e, xa de regreso en Portugal, foi director de programas e nomeado presidente do consello de administración da RTP, ata marzo de 1975.
En 1975 foi nomeado Xeneral, e dirixiu as operacións militares do 25 de novembro dese mesmo ano, contra a facción máis radical do MFA. En 1976 foi elixido Presidente da República, sendo reelixido a finais de 1980.
Ao final do segundo mandato como presidente da república, en febreiro de 1986, asume pouco despois a presidencia do Partido Renovador Democrático, dimitindo dese cargo en 1987.
Nomeado Xeneral de catro estrelas o 24 de maio de 1978, pasou á reserva, por propia iniciativa, en marzo de 1986. Actualmente é Conselleiro de Estado.
Está casado con Maria Manuela Duarte Neto de Portugal Eanes.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]É Grande Colar da Ordem Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito, cabaleiro da Ordem Militar de Avis e Gran-Cruz da Ordem da Liberdade.
República Portuguesa | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco da Costa Gomes |
António Ramalho Eanes | Precede a: Mário Soares |
Presidente da República Portuguesa |