Terceira División RFEF
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
A Terceira División RFEF, chamada oficialmente Campeonato Nacional de Terceira División (Terceira RFEF),[1] anteriormente chamada Campionato Nacional de Liga de Terceira División,[2] é a quinta categoría da liga española de fútbol. Foi creada en 1929 como terceira categoría da liga española de fútbol, converténdose na cuarta categoría en 1977 trala creación da Segunda División B e na quinta categoría en 2021 trala creación da Primeira División RFEF.[3][4]
Está inmediatamente por riba das divisións rexionais, a Preferente no caso de Galicia, polo que se considera a última categoría nacional de liga española. É unha categoría non profesional e está formada por 18 grupos, correspondendo o Grupo I aos equipos de Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]A Terceira División creouse na tempada 1929–30, é dicir, a partir da segunda edición da Liga española de fútbol. Historicamente era a terceira categoría da liga española, por baixo da Segunda División. Na tempada 1977–78, coa creación da Segunda División B, pasou a ser a cuarta categoría da liga española[5]. A súa estrutura, así como o número de grupos e equipos participantes cambiou en múltiples ocasións ao longo da historia. Na súa primeira edición, a fase previa distribuía a 33 equipos en 8 grupos diferentes, dos cales foron campións: Club Gijón, Barakaldo CF, Atlético Aurora Pamplona, Patria Zaragoza, CD Castellón, Sporting Sagunto, Cartagena FC e Recreativo de Huelva. Xa na fase eliminatoria, o Castellón converteuse no primeiro campión da categoría ao vencer por un apertado 3-2 fronte ao Recreativo de Huelva.
A Terceira División foi suprimida en 1934 e non volveu porse en marcha ata a tempada 1940–41, xa pasada a guerra civil, aínda que foi suprimida outra vez ao remate desa mesma tempada, quedando substituída pola primeira categoría rexional[6]. Con todo, dous anos despois, para a tempada 1943–44, foi novamente recuperada[6].
A última gran reestruturación aconteceu na tempada 1980-81, cando foron creados novos grupos e se fixo unha distribución autonómica dos mesmos, aínda que foron precisas varias tempadas para acadar a distribución actual.
Trala tempada 2020/21 pasou a ser a quinta categoría do fútbol español, cunha nova estruturación na que se introduciu a Primeira División RFEF como terceiro nivel.[3][4]
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]Actualmente compiten 364 clubs en Terceira división, repartidos en 18 grupos, na maioría dos cales participan 20 equipos. Cada grupo corresponde a unha Federación territorial e, polo tanto, a unha Comunidade Autónoma, excepto no caso de Andalucía, que se divide en dous grupos (9 e 10). Os clubs das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, no norte de África, compiten cos da Federación Andaluza de Fútbol, nos grupos 10 e 9 respectivamente.
O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da Liga española de fútbol. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.
Os equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo.
Ao termo da tempada o equipo que acumula máis puntos proclámase campión de Terceira División (hai 18 campións cada tempada, un por grupo).
Promoción de ascenso
[editar | editar a fonte]Unha vez finalizada a tempada regular, os catro primeiros clasificados de cada grupo disputan a promoción de ascenso a Segunda División B.
Este play-off consta de tres roldas de eliminación directa, a dobre partido (ida e volta). Os campións enfróntanse nunha primeira eliminatoria e o gañador ascende directamente a Segunda B. Os segundos clasificados enfróntanse aos cuartos, e os terceiros xogan entre eles, todos a dobre partido. Os gañadores e os campións de grupo perdedores da primeira eliminatoria xogan novamente a dobre partido. Os gañadores desta enfróntanse entre eles nunha terceira rolda, na que os gañadores ascenden a Segunda B.
Historial
[editar | editar a fonte]Campións
[editar | editar a fonte]Clubs con 5 ou máis títulos de Terceira División (sumando 3ª e 4ª categorías):[7][8]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Máis tempadas
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Tempadas |
---|---|---|
1º | Murcia Imperial | 65 |
2º | Arenas de Getxo | 61 |
3º | Constància | 56 |
Eldense | 56 | |
5º | Tudelano | 55 |
6º | Racing de Santander B | 54 |
Europa | 54 | |
8º | Cacereño | 53 |
Atlético Baleares | 53 | |
Manacor | 53 |
- Actualizado ata a tempada 2017/18.
Equipos galegos
[editar | editar a fonte]Os equipos galegos que se proclamaron algunha vez campións da Terceira División son os seguintes:[7][8]
Equipo | Títulos | 3ª categoría (pre-1977) |
4ª categoría (post-1977) |
Tempadas |
---|---|---|---|---|
CD Ourense | 8 | 7 | 1 | 1955-56, 1956-57, 1958-59, 1966-67, 1967-68, 1968-69, 1972-73, 2011-12 |
Racing de Ferrol | 8 | 4 | 4 | 1960-61, 1962-63, 1964-65, 1965-66, 1987-88, 1991-92, 2012-13, 2018-19 |
Pontevedra CF | 6 | 2 | 4 | 1959-60, 1975-76, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 2014-15 |
SD Compostela | 6 | 1 | 5 | 1963-64, 1979-80, 1989-90, 2008-09, 2017-18, 2019-20 |
CD Lugo | 4 | 1 | 1 | 1961-62, 1977-78, 1980-81, 1985-86 |
CCD Cerceda | 4 | 0 | 4 | 1995-96, 2002-03, 2003-04, 2010-11 |
Deportivo Fabril | 4 | 0 | 4 | 2005-06, 2006-07, 2009-10, 2016-17 |
SD Compostela B | 3 | 0 | 3 | 1996-97, 1997-98, 2001-02 |
CD Lalín | 2 | 0 | 2 | 1984-85, 1990-91 |
CD As Pontes | 2 | 0 | 2 | 1986-87, 1994-95 |
Celta de Vigo B | 2 | 0 | 2 | 1999-00, 2000-01 |
Celta de Vigo | 1 | 1 | 0 | 1932-33 |
Deportivo Xuvenil | 1 | 1 | 0 | 1953-54 |
Arsenal CF | 1 | 1 | 0 | 1954-55 |
Club Turista | 1 | 1 | 0 | 1957-58 |
Deportivo da Coruña | 1 | 1 | 0 | 1974-75 |
CJ Cambados | 1 | 0 | 1 | 1988-89 |
Arosa SC | 1 | 0 | 1 | 1992-93 |
Bergantiños FC | 1 | 0 | 1 | 1993-94 |
Porriño Industrial CF | 1 | 0 | 1 | 1998-99 |
Rápido de Bouzas | 1 | 0 | 1 | 2004-05 |
SD Ciudad de Santiago | 1 | 0 | 1 | 2007-08 |
UD Somozas | 1 | 0 | 1 | 2013-14 |
CD Boiro | 1 | 0 | 1 | 2015-16 |
CD Arenteiro | 1 | 0 | 1 | 2020-21 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Real Federación Española de Fútbol (Xullo de 2022). "RFEF. Reglamento general. Edición Julio 2022" (PDF). p. 187. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2022. Consultado o 9 de agosto de 2022.
|capítulo=
ignorado (Axuda) (en castelán) - ↑ NORMAS REGULADORAS Y BASES DE COMPETICIÓN DE SEGUNDA DIVISIÓN “B” Y TERCERA DIVISIÓN - TEMPORADA 2020/2021 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 CIRCULAR N.º 98 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Tercera División (Tercera RFEF) - Temporada 2021/22 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ "La Segunda División B: Tercer nivel desde 1977". Vicent Masià. La Futbolteca
- ↑ 6,0 6,1 "1943: La Tercera División adquiere protagonismo". Vicent Masià. La Futbolteca
- ↑ 7,0 7,1 Resultados históricos del fútbol español arquero-arba.futbolme.net (en castelán)
- ↑ 8,0 8,1 Real Federación Española de Fútbol (1978). "Relación de Clubs que han ganado el campeonato de Liga". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1978. pp. 645–649.