Tempada 2019-2020 da OK Liga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OK Liga 2019-20
Liga OK Liga
Deporte Hóckey a patíns
Duración 20 de setembro de 2019 - 12 de marzo de 2020
Equipos 16
Campión FC Barcelona
Subcampión Deportivo Liceo
← 2018-19 2020-21 →

A tempada 2019-2020 da OK Liga foi a 51ª edición da máxima categoría do hóckey a patíns español.

A expansión por España da pandemia por coronavirus provocou a suspensión do campionato, dándose por vencedor ao FC Barcelona, líder da liga no momento da suspensión.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

A liga constou de 14 equipos, sendo o sistema de competición o dunha liga regular de todos contra todos e a dobre volta, onde os primeiros dez clasificados xogarían un play-off polo título e as prazas europeas mentres que os catro últimos xogarían un play-out pola permanencia.[1]

Con todo, a pandemia por coronavirus paralizou a competición en marzo, antes de que se disputase a última xornada da liga regular, sendo esta máis tarde suspendida definitivamente. O FC Barcelona, primeiro clasificado, foi declarado vencedor e os postos europeos repartíronse segundo a clasificación nese momento. Non houbo descensos.[2][3]

Equipos[editar | editar a fonte]

Por primeira vez dende que a competición adoptou a súa denominación actual na tempada 2001-02, todos os equipos que tomaron parte na competición foron cataláns coa excepción do conxunto galego do HC Liceo da Coruña.

Equipo Cidade Estadio Adestrador
FC Barcelona Cataluña Barcelona Palau Blaugrana Galicia Edu Castro
C.P. Calafell Cataluña Calafell Joan Ortoll Cataluña Ferran López
CH Caldes Cataluña Caldes de Montbui Torre Roja Cataluña Eduard Candami
Girona CH Cataluña Xirona Palau II Cataluña Ramon Benito
Igualada HC Cataluña Igualada Les Comes Cataluña Francesc Linares
HC Liceo Galicia A Coruña Riazor Galicia Juan Copa
Lleida Llista Blava Cataluña Lleida 11 de Setembro Cataluña Albert Folguera
C.H. Lloret Cataluña Lloret de Mar Municipal Cataluña Oriol Perarnau
CE Noia Cataluña Sant Sadurní d'Anoia Ateneu Agrícola Cataluña Pere Varias
CH Palafrugell Cataluña Palafrugell Pavelló Municipal Cataluña Xavier García
Reus Deportiu Cataluña Reus Pazo dos Deportes Cataluña Jordi García
CP Taradell Cataluña Taradell El Pujoló Cataluña Ferran Moreno
Club Patí Vic Cataluña Vic Olímpico de Vic Cataluña Quim López
CP Voltregà Cataluña Sant Hipòlit de Voltregà Municipal Cataluña Manolo Barceló

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1 FC Barcelona 72 25 24 0 1 158 43 115 Clasificados para a Liga Europea
2 Deportivo Liceo 61 25 20 1 4 126 51 75
3 CE Noia Freixenet 49 25 15 4 6 89 60 29
4 Reus Deportiu Miró 47 25 14 5 6 84 72 12
5 Garatge Plana Girona CH 41 25 11 8 6 54 64 -10 Clasificados para a Copa WSE
6 CH Caldes Recam Làser 40 25 11 7 7 87 77 10
7 Igualada Rigat HC 40 25 13 1 11 92 92 0
8 CP Calafell Tot L'Any 36 25 10 6 9 68 61 7
9 CE Lleida Llista Blava 25 25 7 4 14 61 88 -27
10 CP Voltregà Stern Motor 21 25 5 6 14 45 68 -23
11 Corredor Mató CH Palafrugell 21 25 6 3 16 51 104 -53
12 CP Taradell 16 25 4 4 17 47 100 -53
13 CH Lloret Vila Esportiva 15 25 4 3 18 46 89 -43
14 CP Vic 13 25 3 4 18 49 88 -39

Goleadores[editar | editar a fonte]

Pos Xogador Equipo Goles
1 Pablo Álvarez FC Barcelona 38
2 Cataluña Marc Grau Deportivo Liceo 34
3 Cataluña Àlex Rodríguez Reus Deportiu Miró 32
4 Cataluña Pau Bargalló FC Barcelona 32
5 Portugal João Rodrigues FC Barcelona 32
6 Cataluña Jordi Méndez Igualada Rigat HC 31
7 Galicia Dava Torres Deportivo Liceo 26
8 Cataluña Marc Julià Reus Deportiu Miró 21
9 Galicia Ignacio Alabart FC Barcelona 19
10 Cataluña Ferran García Corredor Mató CH Palafrugell 19
11 Cataluña Xavi Costa Noia Freixenet 19

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Se vienen cambios en las OK Ligas" (en castelán). 11 de xuño de 2019. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  2. "Resolución para las competiciones de Hockey Patines" (en castelán). 2 de maio de 2020. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  3. "La RFEP proclama campeones al Barça y al Manlleu en la OK Liga masculina y femenina" (en castelán). 2 de maio de 2020. Consultado o 24 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]