Pavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola
Aparencia
O Pavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola (en galego Pavillón Olímpico do Ateneo Agrícola) é un pavillón de hóckey a patíns da localidade de Sant Sadurní d'Anoia, Barcelona (Cataluña). Está situado ás aforas da vila, na rúa Josep Rovira, 14. É o pavillón onde o CE Noia disputa os seus partidos como local, tanto na OK Liga (máxima categoría do hóckey a patíns español) como nas competicións europeas. Ten unhas dimensións de 40 metros de longo e 20 de ancho, e capacidade para 1.500 espectadores. Foi inaugurado en 1980.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1992: acolleu diversos partidos de hóckey a patíns nos Xogos Olímpicos de 1992. Compartiu a competición desta disciplina deportiva co Palau d'Esports Reus Deportiu de Reus, o Pavelló Olímpic de Vic de Vic e o Palau Blaugrana de Barcelona.
- 2008: acolleu a terceira edición da Copa da Raíña de hóckey a patíns, na que se proclamou campión o CP Voltregà.
- 2010: no mes de xaneiro deste ano disputouse a Copa Continental ou Supercopa de Europa de hóckey a patíns masculina na que se enfrontaron o Reus Deportiu (gañador da Copa de Europa 2008-09) e o CH Mataró (gañador da Copa CERS 2009), e na que o Reus se proclamou campión tras gañar por 4-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Pavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola en HoqueiPatins.cat (en catalán)