Copa da WSE
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey a patíns |
Organizador | CERH |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1980 – |
Calendario da tempada | outubro – xuño |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Igualada HC (1º) (2024) |
A Copa da WSE (ata 2018 denominada Copa CERS)[1] é a segunda competición en importancia no hóckey a patíns europeo. Creada en 1980, funcionou como a terceira competición europea ata a remodelación das competicións no ano 1997, cando se fusionaron a Copa de Europa e a Recopa, pasando a ser dende entón a Copa CERS a segunda competición europea en importancia. Está organizada pola CERH (Comité Européen de Rink-Hockey), o máximo organismo do hóckey patíns europeo, con sede central en Lisboa (Portugal). A partir da tempada 2007-08 introduciuse o sistema de final a catro, máis coñecido como final-four.
Formato
[editar | editar a fonte]Nunha fase inicial son inscritos o vencedor da Copa CERS do ano anterior (excepto se este se clasifica para a Copa de Europa) e tres clubs por país (os 3º, 4º e 5º no campionato nacional - ou mesmo o 6º clasificado, no caso de que un dos cinco primeiros sexa o vencedor da Copa, o que lle dá unha praza na Liga dos Campións). Se houbera máis de 12 clubs inscritos, deverá realizarse unha fase previa; logo, aos 12 restantes únenselles catro dos clubs afastados na fase previa da Liga de Campións (aqueles que estiveran mellor posicionados na clasificación da CERH), constituíndo o grupo de 16 que xogará os oitavos de final.
O campión do título e os tres clubs con mellor clasificación na clasificación son cabezas de serie no sorteo, que é condicionado de modo que dous equipos do mesmo país non poidan xogar un contra o outro. A partir dos quartos de final o sorteo é puro, sen condicionantes de ningún tipo. Todas as eliminatorias, incluíndo a final, son xogadas a dúas voltas.
Historial
[editar | editar a fonte]En letra grosa os resultados do equipo campión.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Equipo | Campionatos gañados |
---|---|
H.C. Liceo | 3 (1981-82, 1998-99, 2009-10) |
Hockey Novara | 3 (1984-85, 1991-92, 1992-93) |
OC Barcelos | 3 (1994-95, 2015-16, 2016-17) |
Lleida Llista Blava | 3 (2017-18, 2018-19, 2020-21) |
HC Amatori Vercelli | 2 (1982-83, 1987-88) |
SL Benfica | 2 (1990-91, 2010-11) |
FC Porto | 2 (1993-94, 1995-96) |
Reus Deportiu | 2 (2002-03, 2003-04) |
CE Noia | 2 (1997-98, 2013-14) |
Sporting CP | 2 (1983-84, 2014-15) |
CP Voltregà | 2 (2001-02, 2022-23) |
GD Sesimbra | 1 (1980-81) |
CP Tordera | 1 (1985-86) |
Amatori Lodi | 1 (1986-87) |
HC Monza | 1 (1988-89) |
Seregno Hockey | 1 (1989-90) |
UD Oliveirense | 1 (1996-97) |
CD Paço d'Arcos | 1 (1999-00) |
CP Vic | 1 (2000-01) |
AP Follonica Hockey | 1 (2004-05) |
FC Barcelona | 1 (2005-06) |
C.P. Vilanova | 1 (2006-07) |
Club Patín Tenerife | 1 (2007-08) |
CH Mataró | 1 (2008-09) |
Bassano Hockey 54 | 1 (2011-12) |
C.E. Vendrell | 1 (2012-13) |
C.P. Calafell | 1 (2021-22) |
Total | 42 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Taça CERS passa a designar-se WS Europe Cup". zerozero.pt (en portugués). 27 de agosto de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |