Saltar ao contido

Temis (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Temis (mitoloxía)

TipoTitán Editar o valor en Wikidata
Venerado pormitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Patrón deXustiza e xustiza Editar o valor en Wikidata
Parte deUranids (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Universo ficticiomitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Representado porStatue of Themis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiXea Editar o valor en Wikidata
PaiUrano Editar o valor en Wikidata
CónxuxeZeus Editar o valor en Wikidata
Irmá/nRea, Xapeto (mitoloxía), Cronos, Hiperión, Tía, Océano e Tetis Editar o valor en Wikidata
Fillo/aHoras, Epimeteo, Prometeo, Hespérides, Menecio, Adrasteia (en) Traducir, Irene (pt) Traducir, Dice (pt) Traducir, Eunômia (pt) Traducir, Astreia (pt) Traducir, Cloto, Láquesis, Átropos, Têmides (pt) Traducir, Disis (pt) Traducir, Auxo (pt) Traducir, Thallo (en) Traducir, Arctus (en) Traducir, Carpo e Acme (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ]

Na mitoloxía grega, Temis (en grego antigo Θέμις Themis, que significa 'lei da natureza’ [1]), representa a Xustiza e a equidade; na mitoloxía romana denomínase Iustitia. Era unha das Titánides, filla de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra).

Foi a segunda esposa de Zeus, despois de Metis, do que procreou as Horas, as Moiras (Cloto, Láquesis e Átropos), a virxe Astrea (que personificará a Xustiza) e as Ninfas do Erídano (que axudaron a Heracles a chegar ó país das Hespérides).

"En segundo lugar, [Zeus] casou coa brillante Temis que procreou as Horas, Eunomía, Dike e a florecente Eirene, que protexen os traballos dos homes mortais; e as Moiras, ás que grandísima honra outorgou o prudente Zeus, Cloto, Láquesis e Átropo, que conceden ós homes mortais obter o bo e o malo ."
(Hesíodo: Teogonía 902-906)

Esquilo é a única fonte que recolle a tradición de facela nai de Prometeo.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]
Estatua de Temis atopada en Ramnunte (c. 300 a. C., Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas)

Crese que Temis, como personificación da Lei Natural e da Xustiza, aconsellou a Zeus protexerse coa pel da cabra Amaltea na loita contra os Xigantes. Tamén se di que foi ela a que incitou á Guerra de Troia, como solución para paliar a superpoboación da Terra.

Como esposa de Zeus e pola axuda prestada ós deuses ó inventar os oráculos e as leis, vive no Olimpo e está asociada ós Deuses olímpicos. Tamén foi quen ensinou a Apolo a facer augurios, pois ela era quen ostentaba o Oráculo de Delfos -herdado de Xea- antes de cederllo a Febe. Foi ela quen predixo a Atlas que o fillo de Zeus lle roubaría as mazás de ouro das Hespérides. Foi consultada en Delfos por Deucalión e Pirra.

Iconografía

[editar | editar a fonte]

Temis recibiu culto en Grecia: en Ramnunte, na costa da Ática, hai un pequeno templo, de principios do século V a. C., onde se adoraba a Temis e a Némese [2]. A estatua de Temis foi obra do escultor Queréstrato.

Adoita representarse coa balanza e a espada, e, na maioría das ocasións, cos ollos vendados, imaxe que hoxe segue simbolizando a xustiza.

  1. A lei eterna que rixe a marcha da natureza.
  2. Deusa que castigaba toda conduta desordenada dos homes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA