Marcus Daniel Cabada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcus Daniel Cabada
Nacemento25 de setembro de 1995
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Nacional de Educación a Distancia
Ocupaciónescritor
XénerosPoesía, Narrativa
editar datos en Wikidata ]

Marcus Daniel Cabada Candal, nado en Pontevedra o 25 de setembro de 1995, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no IES Xunqueira I de Pontevedra, onde formou parte do grupo de teatro A Esmorga, dirixido pola profesora Belén Herrero Sinovas. Despois comezou o grao en Lengua y literatura españolas na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).[1]

Presentación de Ligeia en Bueu con Tamara Andrés (22/09/2018)

Comezou moi novo a publicar artigos e fábulas no Diario de Pontevedra.[2] Tamén colaborou no Faro de Vigo e MUNDIARIO.[3] Foi creador e comisario do proxecto Ut pictura poiesis, conxunción entre poesía e arte como experiencia estética no marco da Biblioteca Pública de Pontevedra que relacionou as figuras de William Blake, Alejandra Pizarnik ou O Bosco.[4] Xunto con Tamara Andrés creou e dirixiu a revista Ligeia, na que coordinou a escolma de literatura latinoamericana.

Está considerado un dos escritores máis característicos e representativos da Xeración Z.[5]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicacións en lingua castelá[editar | editar a fonte]

  • El llano circular (2017). Ediciones Urbina. Poemas[9] con maioría de hendecasílabos e alexandrinos, nos que traballa a busca dun camiño de contradicións, utopías, batallas, soños, memorias no tempo etc.[10]

Publicacións en lingua galega[editar | editar a fonte]

  • Presentación de Metafísica da ausencia, Pontevedra, 03/02/2019, con Tamara Andrés e Silvia Penas
    Metafísica da ausencia (2019). Editora Urutau. Brasil. 56 páxs.[11] O profesor Israel Sanmartín di da obra: "Metafísica da ausencia é unha procura da ausencia que nace preñada por un anticristo que vén para asasinar toda presenza redentora e enclaustrala no esquecemento da historia".[12]

Publicacións colectivas[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2013: Premio Nacional Jóvenes Promesas de las Letras, por Triste escarlata
  • 2014: Premio Internacional de Novela Experimental Charlotte Sabine, por Triste escarlata
  • O escritor en 2016 no Museo de Pontevedra
    2016: Premio 'Narrador Estratega' de la ASCHI Café 'Trece Leguas', con Desagravio de la derrota.
  • 2020: XXXIV Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro: segundo premio por O perigo de estar exhaustos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Marcus-Daniel Cabada". Biblioteca Virtual Fandom (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 
  2. "Marcus Daniel Cabada". Editora Urutau. Consultado o 2019-02-02. 
  3. "Marcus Daniel Cabada. Mundiario". www.mundiario.com. Consultado o 2019-02-02. 
  4. "Evento: Ut Pictura Poiesis: William Blake. Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2019-02-03. 
  5. noticiasgalicia.com. "El joven escritor pontevedrés Marcus Daniel Cabada (21 años) publica 'El llano circular', su tercer libro, y el primero en verso". noticiasgalicia.com (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 
  6. "Triste escarlata". Biblioteca Virtual Fandom (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 
  7. ""Desagravio de la derrota", novo libro do escritor pontevedrés Marcus-Daniel Cabada". Pontevedra Viva. Consultado o 2019-02-02. 
  8. "‘Desagravio de la derrota’ / Nueve cuentos y un ensayo sobre los matices del fracaso – Noticias Editorial Circulo Rojo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-02. 
  9. MUNDIARIO. "El poemario del pontevedrés Marcus Daniel Cabada ni es llano ni es circular". MUNDIARIO (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 
  10. "Evento: El llano circular. Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 
  11. Pontevedra, Diario de (2019-02-02). ""Teño a sensación de estar ante un novo comezo"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2019-02-03. 
  12. "Metafísica da ausencia". Editora Urutau. Consultado o 2019-02-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]