A tempada 2011 do Super Rugby foi a 16ª edición deste torneo entre franquías de rugby do Hemisferio Sur. A tempada regular comezou o 18 de febreiro, e rematou o 18 de xuño tras 18 xornadas. Despois xogáronse 2 cuartos de final, as semifinais, e a final o día 9 de xullo.
Ésta foi a primeira tempada na que o número de equipos foi 15, trala chegada ó campionato dos Melbourne Rebels australianos. Xa que o número de equipos australianos pasou a ser de 5, igual que o número de equipos neocelandeses e surafricanos, o formato da competición cambiou, pasando de haber unha táboa única de 14 equipos no ano 2010, a haber 3 "conferencias" de 5 equipos. En cada unha das "conferencias" estiveron xuntos o 5 equipos do mesmo país, de xeito que o nome das "conferencias" foron Conferencia Australiana, Conferencia Neozelandesa e Conferencia Surafricana. Ó remate da tempada regular, o primeiro de cada "conferencia" estivo clasificado para disputar os Play-Offs, así como os 3 seguintes mellores equipos en global, foran da "conferencia" que foran.
Cando a un equipo lle tocou descansar nunha xornada, na táboa se lle sumou un partido descansado, que se traduciu en 4 puntos. Ó remate da tempada regular tódolos equipos descansaron a mesma cantidade de xornadas.
Para determinar os equipos que disputaron a fase final do campionato, botóuselle unha ollada á clasificación xeral por puntos, e ademais de estar clasificados os primeiros de cada conferencia, pasaron os outros 3 equipos que mais puntos tiñan.
Significado das cores
Os primeiros de cadansúa conferencia se clasificaron para os Play Offs.
Os 3 seguintes equipos na clasificación xeral tamén estiveron nos Play Offs.