O Trafalgar Park é un estadio da cidade de Nelson (Nova Zelandia), inaugurado en 2008 e que ten unha capacidade para acoller a uns 20.080 seareiros.
O recinto está destinado principalmente á práctica do rugby da man do Tasman, equipo que compite na ITM Cup, e tamén á práctica do crícket. Os Crusaders do torneo Super Rugby víronse obrigados a xogar como locais neste estadio un total de 4 encontros na tempada 2011 por mor do terremoto de 6'3º na escala Richter que sufriu a cidade de Christchurch en febreiro de 2011, que causou 145 mortes e moitos danos no estadio do Crusaders.