Solsticio de verán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama das tempadas da Terra como se ve desde o norte. Extremo esquerdo: solsticio de verán do hemisferio norte. Dianteiro dereito: solsticio de verán do hemisferio sur.

O solsticio de verán (o termo solsticio provén do latín sol ["Sol"] e sistere ["ficar quedo"]) ocorre durante o verán de cada hemisferio, cando o semieixo dun planeta, xa for no hemisferio norte ou no sur, está máis inclinado cara á estrela da súa órbita. A inclinación máxima do eixo da Terra cara ao sol é de 23°27'. Isto ocorre dúas veces ao ano: dous intres nos que o Sol acada a súa posición máis alta no ceo, como se ve desde o polo norte ou sur.

Datas[editar | editar a fonte]

O solsticio de verán ocorre durante o verán do hemisferio: o solsticio de verán boreal, no hemisferio norte, e o solsticio de verán austral, no hemisferio sur. Segundo o calendario gregoriano, o solsticio de verán preséntase entre o 20 e o 23 de decembro de cada ano, no hemisferio sur, e entre o 20 e o 22 de xuño, no hemisferio norte.[1][2][3]

Cando nun polo xeográfico o Sol acada súa maior altitude (intre do solsticio) pode ser mediodía só na lonxitude que mira ao sur desde o polo; para outras lonxitudes, non é mediodía (aínda non chegou ou xa pasou). Por iso que a noción de solsticio sexa útil maliar ser o termo pleno verán o coloquialmente máis empregado para se referir ao momento en que ocorre devandito solsticio.

O día do solsticio de verán ten o maior período de luz do día (o día máis longo do ano); agás nas rexións polares. Os círculos polares marcan as zonas da terra onde o Sol non se pon (verán) ou non sae (inverno) durante 24 horas, polo menos unha vez ao ano. O número de días en que isto ocorre aumenta a medida que se avanza desde o círculo polar cara ao polo respectivo. Nos polos mesmos, o día ou a noite permanente dura tres meses e no círculo polar, só un día: o do solsticio correspondente.

As liñas dos trópicos[editar | editar a fonte]

Tanto o trópico de Cancro coma o trópico de Capricornio teñen unha relación directa co solsticio de verán, pois ambos son a liña imaxinaria na Terra na que os raios do Sol son completamente verticais no instante do solsticio, é dicir, cando o Sol atoparase exactamente no centro da esfera de ceo visíbel cando se produza o solsticio e, polo tanto, a sombra de calquera obxecto terá a compoñente lonxitudinal nula en devandita liña. Isto ocorre unha soa vez ao ano por cada hemisferio, e tamén a igualdade en tempo entre o día e a noite. Ao hemisferio norte correspóndelle o trópico de Cancro e ao hemisferio sur, o trópico de Capricornio.

Os nomes dos trópicos son tradicionais e astrolóxicos. Cancro e Capricornio refírense ao mes/signo astrolóxico ao que corresponde o día do solsticio: o 21 de xuño corresponde ao día 1 do mes/signo de Cancro, e o 22 de decembro ao día 1 do mes/signo de Capricornio. Con todo, no firmamento, os puntos solsticiais están cara a dúas constelacións nas cales vemos o Sol nos solsticios: no solsticio de verán do hemisferio norte o Sol está no primeiro grao do tramo de Eclíptica abarcado pola constelación de Tauro, e no outro solsticio está no 4º día na constelación de Sagittarius, de modo que os seus nomes astronómicos son trópico de Tauro e trópico de Sagittarius. A precesión dos solsticios (e equinoccios) fixo que nos últimos 20 séculos o punto solsticial do solsticio de verán (no hemisferio norte) cruce toda a constelación de Gemini e chegue á de Tauro, e antes da Gemini percorrera a de Cancro.

En el ciclo de Precesión actualmente el Punto Solsticial (PS) del verano (estival) septentrional se sitúa en el punto de la Eclíptica que señala hacia el comienzo de la constelación de Tauro, y en dicho punto aparece el Sol en el solsticio estival, y su Declinación es de +23.5º ó 23.5º por encima del ecuador celeste (0º). Eso es reflejo de que el punto del planeta que recibe de lleno los rayos del Sol es el mediodía de la latitud 23.5º N, el trópico. Se le llama de Cáncer aunque el PS está ya hacia Tauro. Así mismo el PS coincide actualmente hacia el Ecuador de la galaxia. Escena obtenida con el simulador astronómico de Stellarium.
O Punto Solsticial (PS) do verán (estival) setentrional sitúase no punto da Eclíptica que sinala cara ao comezo da constelación de Tauro.

Aspectos históricos[editar | editar a fonte]

A nivel mundial, a interpretación deste evento variou entre as distintas culturas, pero a maior parte celebrouno ou celebra dalgún xeito con vacacións, festas e rituais con temas de relixión ou fertilidade.[4]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

En tempos prehistóricos, o verán era a época leda do ano para quen vivía en latitudes setentrionais. A neve desaparecera, e o chan desconxelara; as temperaturas cálidas regresaran; as leiras floreaban; as follas tornaran ás árbores de folla caduca. Algunhas herbas podían ser cultivadas para usos medicinais e outros. A comida era máis doada de atopar. Colleitábase o que se sementara. Aínda que moitos meses de clima cálido mantíñanse antes de volver caer o período de luz, os días empezaban a se acurtar, polo que o retorno da tempada de frío era inevitábel. A primeira (ou única) Lúa chea en xuño (boreal) chámase lúa de mel. A tradición sostén que este é o mellor momento para cultivar o mel das colmeas de abellas. Nesta época do ano, entre a sementeira e a colleita dos cultivos, era o mes tradicional para as vodas. Isto débese a que moitos pobos antigos crían que a gran unión [sexual] da Deusa e Deus producíase a principios de maio en Beltaine. Xa que era má sorte de competir coas deidades, moitas parellas atrasaban as súas vodas até xuño (hemisferio norte). O mes de xuño segue a ser o favorito para casar no norte. Nalgunhas tradicións, as parellas de recentemente casados eran alimentados con pratos e bebidas con mel para o primeiro mes da súa vida matrimonial, a fin de fomentar o amor e a fertilidade. O vestixio sobrevivente desta tradición segue vivo no nome que se lles dá aos recentemente casados inmediatamente despois da voda: a lúa de mel.

Antiga China[editar | editar a fonte]

Na China, a cerimonia do solsticio de verán celebraba a terra, o feminino e as forzas do yin. Complementábase co solsticio de inverno, que celebraba o ceo, a masculinidade as forzas yang.

Palestina[editar | editar a fonte]

Os arqueólogos descubriron que a habitación máis grande das ruínas de Qumrán[nota 1] parece ser un templo do sol. A habitación fora considerada como un comedor por investigadores anteriores, a pesar da presenza de dous altares no seu extremo oriental. No intre do solsticio de verán, os raios do sol poñente brillan cunha inclinación de 286 graos ao longo do eixo lonxitudinal do edificio, e alumean a parede oriental. A habitación está orientada exactamente no mesmo ángulo ca os santuarios exipcios dedicados ao Sol. O historiador Flavio Josefo e o filósofo Filón de Alexandría escribiron que os esenios eran adoradores do Sol.

Europa Atlántica[editar | editar a fonte]

As antigas tribos xermánicas, eslavas e celtas en Europa celebraban o solsticio de verán con fogueiras. Era a noite de festivais do lume, das herbas, da auga e da maxia de amor, de oráculos para o amor e a adiviñación. Tiña que ver cos amantes e predicións. As parellas de amantes saltaban a través das lapas xa que se cría que os cultivos medrarían tan alto como o que as parellas fosen capaces de saltar. A través do poder do lume, á calor da cacharela as doncelas (supostamente) decatábanse acerca do seu futuro marido, co que espíritos e demos serían expulsados da relación.

Outra das funcións das fogueiras era xerar maxia simpática: dando un pulo á enerxía do sol para que se mantivese potente no resto da tempada de crecemento e así garantir unha colleita abundante. Na antiga Suecia, no solsticio de verán, plantábase e decorábase unha árbore en cada cidade (véxase as celebracións dos maios en Galicia). Era a árbore solsticial, xeralmente un piñeiro. Os aldeáns bailaban do seu ao redor. As mulleres e as nenas afacían bañarse no río local. Este era un ritual máxico, destinado a traer a choiva para os cultivos. Este é a base do rito actual da árbore de Nadal.

Noite de San Xoán[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Noite de San Xoán.

A Noite de San Xoán é unha festividade cristianizada de orixe pagá na que se festexaba a chegada do solsticio de verán, a pesar de que este é o 21 de xuño, no hemisferio norte, e cuxo rito principal consiste en acender unha cacharela ou lumieira. A finalidade deste rito era "dar máis forza ao Sol" que, a partir deses días, ía facéndose máis "feble" —os días vanse facendo máis curtos até o solsticio de inverno— Simbolicamente, o lume tamén ten unha función "purificadora" nas persoas que o contemplaban. Celébrase en moitos puntos de Europa, aínda que está especialmente arraigada en España (especialmente no Norte (Galicia) e Levante), Portugal (Fogueiras de São João), Noruega (Jonsok), Dinamarca (Sankthans), Suecia (Midsommar), Finlandia (Juhannus), Estonia (Jaanipäev) e Reino Unido (midsummer). En América Latina a tradición levárona os europeos; o Brasil ten as Festas Juninas; en Bolivia, Chile, Paraguai, e Porto Rico, a noite de San Xoán que está, tamén, relacionada con antiquísimas tradicións e lendas españolas como a Lenda da Encantada. San Xoán Bautista é o santo patrón de San Juan de la Maguana, na República Dominicana, cuxa festa se celebra do 15 ao 24 de xuño. Afaise ir bañara un río nas primeiras horas da mañá, sen cruzar palabra previamente con ninguén.

Celebracións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "December Solstice". Time and Date AS. 
  2. "The June Solstice". Time and Date AS. 
  3. "Solstice (astronomy)". Britannica Online Encyclopedia. 
  4. "Summer solstice celebrations of Christianity, Judaism, Neopaganism, etc". Religioustolerance.org. 
Referencias
  1. Qumrán foi onde se encontraron os rolos do mar Morto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]