Saltar ao contido

Tora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Torah»)
Tora
 Instancia de
 Xénero
Autoría
 Autor/a
Publicación
 Parte da serie
Identificadores
VIAF177804671 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07gmt Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC533960469 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A tora[1] (en hebreo: תורה) é unha verba hebrea que significa ensinanza, instrución ou, especificamente, lei. Refírese principalmente aos primeiros cinco libros da Tanagh (a Biblia Hebrea) que corresponde ao Antigo Testamento cristián, coñecidos tamén como Os cinco libros de Moisés, e na tradución do hebreo ao grego na Septuaginta, como o Pentateuco (do grego πεντε, pente, ‘cinco’, o τευχος, teughós, ‘funda para libros’, facendo referencia ás fundas nas que se conservaban os pergamiños). Porén, con frecuencia os xudeus tamén se refiren a toda a revelación e ensinanzas xudías como a tora.

Os cinco libros son: Xénese (Bereishit בראשית), Éxodo (Shemot שמות), Levítico (Vaiicra ויקרא), Números (Bemidbar במדבר) e Deuteronomio (Devarim דברים). Na versión grega da tora, estes cinco libros conforman o Pentateuco, Hamisha Humshei Tora (חמשה חומשי תורה que en hebreo quere dicir "As cinco partes da tora"), ou simplemente Humash (חומש "quinto").