Saltar ao contido

Sinagoga Vella-Nova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinagoga Vella-Nova
Josefov Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Staronová synagoga (cs) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Staronová synagoga (cs) Editar o valor en Wikidata
Características
 Estilo
 Relixión
Datas
 Fundación / creación
1270 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Visitantes anuais
 183173 (2022) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Rúa
 Enderezo
Červená ulice, Staré Město, Praha Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Patrimonio
Monumento nacional da República Checa
Identificador1000001588

Monumento cultural da República Checa
Identificador38867/1-452
Códigos e identificadores
VIAF172926870 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05cjwm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
A Sinagoga Vella-Nova.

A sinagoga Vella-Nova (en checo: Staronová synagoga, en alemán: Altneu-Synagoge)[1] situada en Josefov, Praga, é a sinagoga máis antiga do mundo aínda en uso. É ademais a sinagoga medieval en pé máis vella. Rematada en 1270 en estilo gótico foi unha das primeiras edificacións de Praga con ese estilo arquitectónico. Había unha sinagoga máis antiga na cidade, coñecida como a Sinagoga Vella, pero foi demolida en 1867 e substituída pola Sinagoga Española.

Entrando dende a rúa cara ao vestíbulo hai unha porta trala que se atopa unha dobre nave con seis tramos abovedados. Este sistema de dobre nave foi probablemente unha adaptación dos deseños dos mosteiros e capelas dos arquitectos de sinagogas cristiás. O moldura no tímpano da porta de entrada ten un deseño que incorpora doce vides e doce acios de uvas, os cales se di que representan ás doce tribos de Israel. As estreitas xanelas son probablemente responsables de moitas descricións que din que a Sinagoga Vella-Nova é escura e sórdido, aínda que agora está moi iluminado con varias lámpadas de araña.

A sinagoga foi construída de acordo ao costume do xudaísmo ortodoxo con áreas separadas para homes e mulleres durante a oración. As mulleres están nunha habitación contigua que ten xanelas pequenas para seguir as cerimonias no santuario principal. O espazo adicado ás mulleres é un espazo engadido, que non existía durante a construción da Sinagoga. O teito, as paredes do frontón e o apoio son da Idade Media.

Inusitado nunha sinagoga é a bandeira situada no lado oeste, cunha Estrela de David e o texto Shemá Israel (do hebreo: escoita Israel, שְׁמַע יִשְׂרָאֵל). O texto é un privilexio concedido por Fernando II en recoñecemento dos servizos prestados pola comunidade xudía en Praga durante o asedio da cidade polas tropas protestantes suecas durante a Guerra dos Trinta Anos. A bandeira actual é unha réplica da dada por Carlos VI.

O Golem de Praga

[editar | editar a fonte]

Segundo outra lenda, o corpo do Golem, unha criatura creada polo rabino Judah Loew ben Bezalel, atópase no ático da sinagoga, no lugar onde está a genizah ("cemiterio" de manuscritos hebreos que contén un dos sete nomes de Deus que está prohibido borrar). Os guías turísticos insisten no carácter lendario e carente de seriedade desta alegación. O caso é que este espazo non está aberto ao público. De feito, só é visible desde o exterior da sinagoga, cando un está no interior non hai escaleiras para chegar, unha vontade do rabino Loew.

  1. "The Old-New Synagogue in Prague, Josefov web site". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2011. Consultado o 28 de marzo de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arno Pařík, Pražské Synagogy/Prague Synagogues, Museo Xudeu de Praga, 2000, ISBN 80-85608-33-2.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]