Silverio Yebra Granja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSilverio Yebra Granja
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata (113/114 anos)
Carracedo do Mosteiro, España Editar o valor em Wikidata
MorteParís, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAtravesado Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Silverio Yebra Granja, Atravesado, nado en Carracedo do Mosteiro (Carracedelo) en 1910 e finado en París, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado. O 16 de xullo de 1938 presentouse ás autoridades, foi condenado e saíu en liberdade condicional o 3 de agosto de 1940. Foi oficial de enlace da Federación de Guerrillas de León-Galicia, e dende 1942 o contacto entre a guerrilla e o axente británico Alexander Easton. O 8 de febreiro de 1944 incorporouse á guerrilla con Abel Ares Pérez.[1] Pertenceu á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia formada en setembro de 1947 e comandada por Guillermo Morán García. Silverio liderou un grupo que incluía a Augusto Diéguez Yáñez "Rubio", Francisco Martínez López "Quico", Oliveros Fernández Armada "Negrín" e Alfonso Rodríguez López. Representou á guerrilla de León na reunión dos grupos do Exército Guerrilleiro de orientación comunista que se celebrou en Cubela (Lugo) no verán de 1948, con Bernardo Álvarez Trabajo. En 1948 estivo na zona de Vilafranca do Bierzo con Abel Ares, César Ríos, Edelmiro Alonso García e Baldomero Gutiérrez Abella.

O 24 de febreiro de 1949 formaba parte do grupo guerrilleiro emboscado pola Garda Civil na Serra de Ocero, na Veiga de Espiñareda, na que foron asasinados os guerrilleiros Alfonso Rodríguez López e Enrique Orozco. En 1949 marchou a Francia con Manuel Girón Bazán, e regresou rapidamente con el a León. O 17 de xullo de 1950 foi sorprendido con Manuel Girón Bazán, Francisco Martínez López e Pedro Juan Méndez en Corporales (Truchas) onde despois dun combate de dez horas morreron os gardas civís Agustín Puente Martínez e Manuel Combarros García, e os guerrilleiros lograron romper o cerco. Marchou a Francia en 1951 con Francisco Martínez López, Manuel Zapico Terente e Pedro Juan Méndez. Instalouse en París onde morreu.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]