Francisco Martínez López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1925 ![]() Cabanas Raras, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis, mineiro ![]() |
Partido político | Partido Comunista Español ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Odette Martínez Maler ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Francisco Martínez López, Quico, nado en Cabañas Raras (O Bierzo) o 1 de outubro de 1925, é un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha familia republicana de campesiños e mineiros implicada no movemento guerrilleiro. De mozo traballou de mineiro e participou no Servizo de Información Republicana. Descuberto pola policía en setembro de 1947, conseguiu escapar e incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1949 uniuse ao grupo de Manuel Girón combatendo nel ata a morte de Girón en maio de 1951. En setembro dese ano pasou a Francia con Manuel Zapico, Pedro Juan Méndez e Silverio Yebra.
Logo da morte de Franco formou parte do Comité Central do PCE, dedicándose a reclamar e homenaxear a memoria dos antigos guerrilleiros. Participou no documental sobre a guerrilla Silencio roto de Montxo Armendariz e na película La guerrilla de la memoria de Javier Corcuera e en conferencias, reunións e homenaxes sobre este tema.
Obras
[editar | editar a fonte]- 2006, Guerrilleiro contra Franco. A guerrilla antifranquista de Galiza-León, 1936-1951. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-8341-055-9
- 2011, Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido. La guerrilla antifranquista de León (1936-1951) y la memoria cautiva de la guerrilla (1952-2011). Arganda del Rey: Latorre Literaria. ISBN 9788493884000
- 2022, Caminos de resistencia. Cádiz: Ediciones El boletín. ISBN 978-8412548617
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouzas, Pemón (2022). Cando os lobos escoitaban a radio. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-091-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.