Pemón Bouzas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pemón Bouzas
Nacemento1957
 Ribeira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

José Ramón Bouzas Camaño, nado en Palmeira en 1957, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1979 comeza a traballar na emisora de radio Cadena SER, e en 1985 pasa á Cadena COPE. A finais dese mesmo ano, e tras a creación da Televisión de Galicia, incorpórase á televisión pública de Galicia, onde desenvolveu o seu labor profesional durante tres décadas, ao que lle sumou, entre 1986 e 1992 tamén a dirección e presentación de programas na Radio Galega. Durante os primeiros anos da súa carreira realizou programas de entretemento e magacíns, como Entre nós, Coa miña xente ou Espacio aberto. Foi coñecido sobre todo por dirixir e presentar o programa Encontros, onde se favorecía e filmaba o reencontro de familias de emigrantes galegos e dos seus parentes de Galicia. Na década de 2000 dedicouse sobre todo á produción e filmación de documentais como O Camiño Francés (2004), Historias de Compostela (2004), Jacinto Caamaño, o paso do Noroeste (2006), Encrucilladas (2007), Un mar de velas (2007) ou Paixón polo mar (2008).

Como escritor en lingua galega publicou o conto de Nadal, A Estrela de Oriente (2010), o libro de viaxes Novos pasos por Bretaña (2014) e a novela A voz do vento (2014), ambientada nos acontecementos ocorridos arredor da figura de María Soliño, e coa que gañou o LX Premio Ateneo Ciudad de Valladolid.

Obra como escritor en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obra como escritor en galego[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Novos pasos por Bretaña (Xerais, 2014).

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor comunicador de televisión Encontros Nomeado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]