Manuel Zapico Terente
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1926 ![]() Langreu, España ![]() |
Morte | 28 de agosto de 2004 ![]() París, Francia ![]() |
Outros nomes | Asturiano ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guerrilleiro, membro da resistencia ![]() |
Movemento | Oposición ao franquismo ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Segunda República Española ![]() |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() ![]() |
Manuel Zapico Terente, coñecido como Asturiano, nado en La Fresnosa (Langreu) o 10 de xaneiro de 1926 e finado en París o 28 de agosto de 2004, foi un guerrilleiro antifranquista asturiano.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, militante da CNT e excombatente en Asturias, ao rematar a guerra civil uniuse á resistencia francesa e foi capturado pola Gestapo, desaparecendo en 1942. Manuel foi criado polos avós e entrou a traballar na mina con dezaseis anos. Contactou coa guerrilla asturiana. Descuberto pola policía en outubro de 1946, trasladouse ao Bierzo. Incorporouse á guerrilla de Evaristo González Pérez "Rocesvinto" e Guillermo Morán García. Permaneceu no grupo ata a primavera de 1949, cando logo dos combates de Chavaga e Villasinde regresou ao Bierzo con Silverio Yebra Granja "Atravesado”, Pedro Juan Méndez "Jalisco", Augusto Diéguez Yáñez "Rubio", Silvestre García López "Chimeneas", Roberto López Rodríguez "Virnes" e Odilo Fernández Rodríguez "Blas". Despois foron cara A Cabrera para integrarse no grupo de Manuel Girón Bazán. Permaneceu alí ata o asasinato de Girón a mans dun infiltrado en 1951. Despois, con “Jalisco”, “Atravesado” e Francisco Martínez López "Quico", emprenderon a fuxida cara a Francia. Logrou saír de España en setembro de 1951, conseguiu asilo político en Francia, onde traballou como albanel e chegou a crear a súa propia empresa. Casou cunha francesa, e instalouse en Bourré, cerca de Montrichard, no departamento de Loir e Cher. Desprazouse moitas veces a España, onde participou activamente na rehabilitación do movemento guerrilleiro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 1-9-2004, p. 7
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez, Santiago (1991). "Testemuño de Manuel Zapico Terente". Memoria da guerrilla. Vigo: Xerais. pp. 47–107. ISBN 84-7507-535-5.
- Bouzas, Pemón (2022). Cando os lobos escoitaban a radio. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-091-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 143. ISBN 84-8485-231-8.