Pedro Juan Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Juan Méndez
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Sancedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 2012 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Ponferrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJalisco Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerrilleiro , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Pedro Juan Méndez, alcumado Jalisco, nado en Sancedo (provincia de León) o 12 de decembro de 1928 e falecido en Ponferrada o 11 de outubro de 2012, foi un guerrilleiro antifranquista berciano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai Arsenio Juan Juan foi apresado en Asturias no 1937 e fusilado despois en León. Entre o ano 1942 e outubro de 1948, Pedro Juan Méndez foi enlace da Federación de Guerrillas León-Galicia. Tras pasar a Francia retornou ese mesmo ano para incorporarse ao Exército Guerrilleiro de Galicia, pasando a pertencer a II Agrupación. Na primavera de 1949, xunto a Silverio Yebra Granja "Atravesado”, Manuel Zapico Terente "Asturiano", Augusto Diéguez Yáñez "Rubio", Silvestre García López "Chimeneas", Roberto López Rodríguez "Virnes" e Odilo Fernández Rodríguez "Blas", uniuese ao grupo de Manuel Girón Bazán. O 17 de xullo de 1950 foi sorprendido con Manuel Girón, Silverio Yebra e Francisco Martínez López en Corporales (Truchas) onde despois dun combate de dez horas morreron os gardas civís Agustín Puente Martínez e Manuel Combarros García, e os guerrilleiros lograron romper o cerco. Permaneceu no grupo ata o asasinato de Girón en maio de 1951. Xunto con “Asturiano”, “Atravesado” e Francisco Martínez López "Quico", fuxiu cara a Francia, onde se presentaron ante as autoridades locais en setembro de 1951. Tras regresar a España residiu en Cacabelos. Morreu no Hospital do Bierzo o 11 de outubro de 2012.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Edicios do Castro. ISBN 978-84-8485-231-5. 
  • Serrano, Secundino (1986). La guerrilla antifranquista en León. Siglo XXI de España Editores. ISBN 84-323-0627-4. 
  • Macías, Santiago (2005). El monte o la muerte. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]