Oliveros Fernández Armada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1923 ![]() Traspena, España ![]() |
Outros nomes | Negrín ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
![]() |
Oliveros Fernández Armada, coñecido como Negrín, nado en Traspena (Covas, Baralla) cara a 1923, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do PCE. Enlace da guerrilla queimado, en 1945 ingresou na Federación de Guerrillas de León-Galicia. Foi reclamado polo xuíz militar de Lugo en novembro de 1946 como encartado na causa 177/46 por roubo a man armada e relación con bandoleiros.[1] Dende 1947 estivo integrado na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia na zona do Bierzo, no grupo de Silverio Yebra Granja que tiña como comisario político a Francisco Martínez López. En 1948 negouse a marchar a Francia e a finais dese ano actuaba na fronteira das provincias de Lugo e León cos cenetistas Abelardo Macías Fernández e Victorino Nieto Rodríguez, o socialista Hilario Álvarez Méndez e Alpidia García Moral.
Integrado nun grupo guerrilleiro con Manuel Gutiérrez Abella, Edelmiro Alonso García, Pedro Lamas Cerezales e Adoración Campo Canedo, tivo un enfrontamento coa Garda Civil en Castiñeiras o 27 de outubro de 1948 que lle custou a vida ao garda Sabas Andrés Salazar. A Garda Civil detivo ao día seguinte varios veciños de Castiñeiras, entre eles Vicenta López Digón, enlace da guerrilla, e o seu fillo Jesús Camuñas López que acolleran aos guerrilleiros na súa casa, e foron asasinados esa noite.[2] O 17 de marzo de 1949 logrou escapar con Victorino Nieto do masacre de Vilasinde na Veiga de Valcarce, onde foi sorprendido o seu grupo e foron asasinados Abelardo Macías, Hilario Álvarez e Alpidia García. En outubro de 1949 reclamouno o xuíz militar de Lugo xunto con outros guerrilleiros encartados na causa 318/49.[3]
Logrou pasar a Francia en 1950.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOP Lugo, 25-11-1946, p. 2.
- ↑ "La ARMH exhumará a una madre y a su hijo asesinados en Villafranca por la Ley de Fugas". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2021. Consultado o 14 de novembro de 2021.
- ↑ El Progreso, 5-10-1949, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 60. ISBN 84-8485-231-8.