Saelred de Essex
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VII |
| Morte | 746 |
| Rei de Essex | |
| 746 | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Essex dynasty (en) |
| Fillos | Sigeric de Essex |
| Pai | Sigeberht II de Essex |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Saelred ou Selered de Essex, finado en 746, foi rei de Essex de c. 709 a 746.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu dereito ao trono debeuse a ser descendente de Sledd de Essex, o fundador da súa dinastía. Parte do seu reinado produciuse conxuntamente con Swaefberht, quen se pensa que puido gobernar na parte de Middlesex. A súa data de morte coñécese por unha entrada na Crónica anglosaxoa, a pesar de que as circunstancias non foron precisadas.
Saelred foi sucedido por Swithred, neto de Sigeheard. O fillo de Saelred, Sigeric, sucedeu a Swithred.
Como os seus predecesores, Saelred non foi un gobernante independente, senón dependente do reino de Mercia.[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barbara Yorke, ‘East Saxons, kings of the (act. late 6th cent.–c.820)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004 accessed 9 Feb 2008