Seaxred de Essex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Seaxred de Essex
Nacementovalor descoñecido
Falecementovalor descoñecido
EtniaSaxóns
Ocupaciónmonarca
PaiSaeberht de Essex
FillosSebbi de Essex e Sighere de Essex
IrmánsSaeward de Essex
editar datos en Wikidata ]

Seaxred, Sexred, ou Sexræd, finado en 626?, foi un rei de Essex.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sexred era o fillo de Sæberht (finado en 616?), o primeiro rei cristián dos saxóns orientais, ao que sucedeu, reinando conxuntamente cos seus dous irmáns, Saeward e outro, cuxo nome adóitase citar como Sigebert, sen base ningunha de autoridade (Bromton, ap. Decem SS. col. 743) mais quizais o non situado Seaxbald, pai de Swithhelm[1]. Seaxred rexeitou aceptar o cristianismo, e practicou abertamente o paganismo e deu permiso aos seus súbditos para que adorasen os seus ídolos.

Cando el e os seus irmáns viron a  Melito (finado en 624), bispo de Londres, dando o eucaristía á xente na igrexa, dixéronlle, tal e como se cría no tempo do  Venerábel Beda, "Por que non nos ofreces o pan branco que adoitabas dar ao noso pai Saba, pois tal o chamaban, e que aínda lle dás á xente?" Melito contestou que se se lavaban na fonte o terían, mais que doutro non lles faría ben ningún. Pero eles dixeron que non habían entrar na fonte, pois non necesitaban lavarse, senón refrescárense. O asunto foilles explicado repetidas veces polo bispo, que persistiu en rexeitar a súa petición. Por fin acabaron de enfadarse e desterráronno do seu reino. Non moito tempo despois saíron para loitar cos saxóns occidentais, e faleceron, sendo destruído case todo o seu exército (Beda, Hist. Eccl. ii. c. 5). Nesta batalla enfrontáronse con Cynegils e Cwichelm de Wessex, os reis de Wessex que invadiron o seu territorio cunhas forzas máis grande das que os de Essex poderían ter sobre o 626. Sucedeunos Sigeberht I de Essex[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yorke, Barbara.
  2.  Hunt, William (1900). "Pike, Samuel". En Sidney Lee. Dictionary of National Biography (en inglés) 63. Londres: Smith, Elder & Co. OCLC 2763972. sources: [Mon. Hist. Brit. pp. 629, 637; Henry of Huntingdon, sect. 31, p. 57 (Rolls Ser.); Dict. Chr. Biogr. art. ‘Sexred,’ by Bishop Stubbs.] .