Sebbi de Essex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Saebbi de Essex»)
Sebbi de Essex
Early graves lost noted on the memorial in St Paul's Cathedral.JPG
Nacementoséculo VII
Falecemento29 de agosto de 694
SoterradoCatedral de San Paulo de Londres
EtniaSaxóns
PaiSeaxred de Essex
FillosSwaefhard de Kent, Sigeheard de Essex e Swaefred de Essex
Na rede
Find a Grave: 10741434 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
O nome de Sebbi nunha placa na catedral de Londres que enumera as tumbas destruídas no Grande incendio de Londres.

Sebbi(tamén coñecido como Santo Sæbbi ou Sebba) era fillo de Sexred e Rei conxunto de Essex de 664 a aproximadamente 683 xunto co seu primo, Sighere. Tras a morte deste, asumiu o trono en solitario até 694.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sighere e Sæbbi era primos do seu predecesor, Swithelm. En 665 Sighere apostatou e volveu ao o paganismo, mentres Sebbi seguiu sendo cristián. Sighere atopou un aliado en Wessex, e Sæbbi en Mercia. Por mor da súa rivalidade, Wulfhere de Mercia estableceuse como señor de Essex en 665 e enviou a Jaruman, bispo de Mercia, a reconverter ao pobo de Essex.

En 686, Cædwalla, un sub-rei de Wessex, estableceuse como señor de Essex. El e Sæbbi invadiron Kent, expulsaron a Eadric, e Sæbbi gobernou sobre Kent occidental. Crese que nesta época, Sæbbi fundou a abadía orixinal de Westminster.

Pénsase que Sæbbi abdicou en 694 para ingresar nun mosteiro, e foi sucedido polos seus fillos, Sigeheard e Swaefred, que gobernaron Essex conxuntamente. Outro dos seus fillos, Swæfheard, gobernaría Kent Sæbbi morreu en 695 e foi enterrado na Antiga Catedral do San Paulo na Cidade de Londres onde foi reverenciado como santo.

A tumba de Sæbbi sobreviviu ao incendio de 1087 e os seus restos foron transferidos a un sarcófago de mármore negro a mediados do século XII. Este sarcófago foi debuxado por Wenceslaus Hollar, e a súa obra publicada na Historia de St Paul de Dugdale. A tumba foi destruída no Grande incendio de Londres. Erixiuse unha placa a Sæbbi na catedral de Wren.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The burial of King Aethelred the Unready at St Pauls". The English and their Legacy. Boydell Press.