Offa de Essex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOffa de Essex
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VIII (>709 (Gregoriano)) Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Rei de Essex
Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Familia
PaisSighere de Essex Editar o valor em Wikidata  e Osgyth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Essex-6

Offa foi rei de Essex, tras a morte do seu pai Sighere, o 709, pero abdicou pouco despois para ir a Roma como un peregrino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na Historia ecclesiastica gentis Anglorum, Beda describe dicindo que era: "Un home novo, na mellor idade e de gran beleza, que tivo o apoio da súa nación enteira para ser rei. Pero el, movido pola súa devoción, deixou a súa esposa, a súa terra, os seus fillos e o seu país para atoparse con Deus e o evanxeo, que el quería recibir totalmente na vida e tamén na vida eterna tras a morte. Cando visitou lugares sagrados en Roma, fíxose tonsurar e adoptou a vida monástica, co fin de acadar a longamente desexada visión dos benditos apóstolos no ceo[1]". Nesta viaxe foi acompañado por Coenred de Mercia que tamén renunciou ao título de rei, pero a diferenza de Offa, Coenred levaba anos no cargo. No Liber Pontificalis, un libro que conta a historia dos acontecementos durante os diferentes papados, describe a chegada destes dous reis saxóns, e que morreron alí[2][3].

Consérvase unha carta de doazóns de terras en Warwickshire (S64) atribuída a el, aínda que el é descrito como rei de Mercia no canto de rei de Essex[4]. Poderíase tratar dunha copia mal feita dunha auténtica feita en conxunto con Coenred de Mercia[5]. Houbo outra carta (probabelmente auténtica) que xa non se conserva (S1784) na que Offa fixo unha doazón de terras da cidade de Hemel Hempstead para o bispo de Londres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beda, Historia ecclesiastica gentis Anglorum, libro V.
  2. Mommsen(trad.) 1898, p. 225.
  3. Allen 2014, p. 95.
  4. Anglo-Saxon.net (ed.). "Offa". 
  5. «Scriptum 1784», Sawyer, Anglo-Saxon Charters Arquivado 21 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (Royal Historical Society, 1968)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Allen, Grant (2014). Early Britain: Anglo-Saxon Britain. The Floating Press. 
  • Kirby, D P (2000). The Earliest English Kings. Psychology Press. 
  • Lappenberg, Johann Martin (1845). From earliest times to 800. Murray. 
  • Mommsen (trad.), Theodor (1898). Liber Pontificalis. 
  • Thorpe, Benjamin (1845). "Genealogy of the Kings of Essex". A History of England under the Anglo-Saxon Kings, volume 1. 
  • Yorke, Barbara (1985). "The Kingdom of the East Saxons". Anglo-Saxon England 14. 
  • Yorke, Barbara (1990). Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. Londres: Routledge. ISBN 1-85264-027-8.