Saeberht de Essex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSaeberht de Essex

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Mortec. 616 Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
King of Essex (en) Traducir

← Sledda de EssexSaeward de Essex, Seaxred de Essex → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSaeward de Essex, Seaxred de Essex Editar o valor em Wikidata
PaisSledda de Essex Editar o valor em Wikidata  e Ricula (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Saeberht (ou Sebert ou Sabert), finado c. 616, foi rei de Essex aproximadamente entre os anos 604 e 616.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era sobriño do rei Aethelberht de Kent e converteuse ao cristianismo no 604[1]. Foi bautizado por San Melito, bispo de Londres. Con todo, os seus fillos regresaron ao paganismo e, tras a morte de Saeberht, expulsaron de Londres a Melito[2].

Familia[editar | editar a fonte]

As xenealoxías e as listas de reinado son unánimes ao describiren a Sæberht como o fillo de Sledda, que pode ser considerado como o fundador da dinastía dos saxóns orientais. Segundo Beda, a nai de Sæberht foi Ricula, unha irmá do rei Aethelberht de Kent . Beda omite os nomes dos fillos de Sæberht, pero o manuscrito MS Add. 23211 dános os nomes de dous: Sexred e Saeward.

A conversión e a sucesión[editar | editar a fonte]

En 604, o clérigo galo Melito foi consagrado por Agostiño de Canterbury como bispo na provincia dos saxóns do leste, que tiña capital en Londres, converténdose no primeiro bispo desta cidade. Beda di que Sæberht se converteu ao cristianismo en 604 e foi bautizado por Melito, mentres que os seus fillos permaneceron pagáns. Sæberht logo permite que se estableza o bispado. A igrexa episcopal que se construíu en Londres foi fundada probabelmente por Aethelberht, mellor que por Sæberht, malia que unha carta que di ser unha doazón de terras de Aethelberht a Melito é unha falsificación.

Morte[editar | editar a fonte]

Tanto Aethelberht como Sæberht morreron en 616, deixando a misión Gregoriana sen patrocinadores fortes. Os fillos pagáns de Sæberht expulsaron a Melito de Londres. De acordo coa explicación de Beda, isto sucedeu porque Melito se negou á petición dos irmáns para probar o pan sacramentado. A tradición medieval conta que o rei Sæberht e a súa esposa Ethelgoda fundaron a igrexa que precedeu á Abadía de Westminster, e qye foron enterrados nela. Máis tarde o rei Henrique III erixiu unha tumba para os seus supostos restos preto da entrada das capelas reais.

Crese que unha tumba achada en Prittlewell, Essex, en 2003 puido ser a verdadeira cámara funeraria de Saeberht. Varias láminas en forma de cruz confirmarían a aceptada historia da conversión de Saeberht ao cristianismo. Outros obxectos funerais atopados, tales como cuncas de cristal e de cobre, indicarían unha continuación de crenzas pagás.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hindley, Geoffrey A Brief History of the Anglo-Saxons: The beginnings of the English nation. New York: Carrol & Graf Publishers 2006 ISBN 978-0-7867-1738-5 p. 33-36
  2. Delaney, John J. Dictionary of Saints Second Edition. Doubleday: New York 2003 ISBN 0-385-13594-7 p. 431

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Higham, N.J. The Convert Kings. Power and Religious Affiliation in Early Anglo-Saxon England. Manchester, 1997.
  • Kirby, D.P. The Earliest English Kings. Londres, 1991.
  • Yorke, Barbara. "The Kingdom of the East Saxons." Anglo-Saxon England 14 (1985): 1-36.
  • Yorke, Barbara. Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. Londres, 1990.
  • Thornbury, Walter. Westminster Abbey: Chapels and royal tombs', Old and New London: Volume 3 (1878), pp. 431–450.