Swaefred de Essex
Swaefred de Essex | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Falecemento | valor descoñecido |
Etnia | Saxóns |
Ocupación | monarca |
Pai | Sebbi de Essex |
Irmáns | Sigeheard de Essex e Swaefhard de Kent |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Swæfred (ou Suebred) foi rei conxunto de Essex xunto co seu irmán, Sigeheard, desde 694 a 709, tras suceder ao seu pai Sæbbi.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 705, afastáronse do rei Ine de Wessex por amparar os seus rivais ao trono. No Sínodo de Brentford, estiveron de acordo en desterrar os rivais de Essex a cambio de que o rei Ine prometese non atacar Essex. A cronoloxía exacta dos derradeiros anos do seu goberno é incerta. Non se sabe se gobernaron xuntos até 709 ou se Swaefred morreu antes desa data.
Swæfred emitiu dous documentos relacionados con terras para establecer un mosteiro en Nazeing, a pesar de que estes documentos só sobreviviron en copias máis tardías[1]. Emitiu un documento máis tardío relacionado coas terras na Península de Dengie.[2] Atribúenlle tamén un documento relacionado con terras en Twickenham (S65)[3]. Este documento ten sido descrito como posibelmente espurio, aínda que autores máis recentes concluíron que non hai razón ningunha para dubidar da súa autenticidade[4].
Por 709, Offa, fillo do correxente co seu pai e posterior rival, Sighere era polo menos herdeiro aparente e quizais cogobernante de Essex cando viaxou co rei Cenred de Mercia a Roma. Sucedeu a Swæfred e Sigeheard.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Kenneth Bascombe, Two Charters of King Suebred in Kenneth Neale, (Ed), An Essex Tribute (Leopard's Head Press, 1987)
- ↑ Cyril Hart, The Early Charters of Essex (Leicester University Press, revised edition, 1971)
- ↑ PH Sawyer, Anglo-Saxon Charters (Royal Historical Society, 1968)
- ↑ "Electronic Sawyer". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 06 de abril de 2017.