Saltar ao contido

Shirley MacLaine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShirley MacLaine

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Shirley MacLean Beaty Editar o valor en Wikidata
24 de abril de 1934 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Richmond, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónWashington-Liberty High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de cinema, cantante, escritora, produtora, directora de cinema, actriz de teatro, actor de xénero, actriz de televisión, bailarina, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSteve Parker (1954–1982), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosSachi Parker Editar o valor en Wikidata
PaisIra Owens Beaty Editar o valor en Wikidata  e Kathlyn Corinne Maclean Editar o valor en Wikidata
IrmánsWarren Beatty Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
American Women Writers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webshirleymaclaine.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000511 Allocine: 20658 Rottentomatoes: celebrity/shirley_maclaine Allmovie: p44255 140191 Metacritic: person/shirley-maclaine TV.com: people/shirley-maclaine IBDB: 50809
Facebook: TheRealShirleyMacLaine Twitter: maclaineshirley BNE: XX866350 Souncloud: shirley-maclaine-official Spotify: 4F5NEP6tLmycfFPeHhha4g iTunes: 14742864 Last fm: Shirley+Maclaine Musicbrainz: 64e68085-19fe-4f0b-b024-249dee58d349 Songkick: 560353 Discogs: 276436 Allmusic: mn0000033677 WikiTree: Beaty-553 Editar o valor en Wikidata

Shirley MacLean Beaty, nada en Richmond, Virxinia o 24 de abril de 1934, coñecida como Shirley MacLaine, é unha actriz estadounidense de cinema e teatro gañadora dos premios Óscar e Globo de Ouro.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira audiovisual

[editar | editar a fonte]
Video do tráiler do seu primeiro filme, The Trouble with Harry

MacLaine debutou no cine en 1955, cun papel no filme de Alfred Hitchcock The Trouble with Harry.

Interpretou numerosos papeis en filmes clásicos como O apartamento de Billy Wilder, A forza do cariño ou Steel Magnolias, e traballou cunha extensísima listaxe de actores, actrices, directores e produtoras da «sétima arte».

A súa versatilidade e carisma permitíronlle interpretar unha ampla gama de personaxes durante sete décadas de carreira, sendo o último filme no que participou até a data A Family Affair, en 2024 (aos seus noventa anos).

Crenzas e libros

[editar | editar a fonte]

MacLaine é coñecida pola súa devoción na crenza da reencarnación. Así mesmo, escribiu numerosas obras autobiográficas, a maioría das cales tratan sobre as súas crenzas new age como o solipsismo[Cómpre referencia] e sobre a súa carreira en Hollywood.

Escribiu nove libros sobre a súa procura espitual, entre eles The Camino: A Journey of the Spirit .<, escrito após a súa viaxe a Santiago de Compostela. Durante trinta días fixo o Camiño Francés mentres practicaba "meditación trascendental"[2] e escribiu o libro onde afirma que experimentou revelacións sobre vidas pasadas, a orixe do universo e segredos de civilizacións antigas.[3][4]

O escritor mexicano Carlos Fuentes dedicoulle a súa novela Cumpleaños, na que trata o tema da reencarnación.

Shirley MacLaine en 2005

En 2015, MacLaine foi criticada polas súas declaracións sobre xudeus, cristiáns e Stephen Hawking. Comentou que as vítimas do Holocausto experimentaran os resultados do seu propio karma e suxeriu que Hawking se dera a si mesmo a enfermidade da ELA para mellorar as súas habilidades en física.[5]

É a irmá máis vella de Warren Beatty.[1]

Shirley MacLaine ten unha filla, Sachi Parker, nada en 1956, que escribiu un libro sobre a súa atípica relación materno-filial. Nel di que a nai lle dixo que o seu verdadeiro pai era un astronauta chamado Paul que estaba viaxando nas Pléiades, e que o seu pai terrestre, Steve Parker, era un clon dese astronauta.[6]

  1. 1,0 1,1 "Shirley MacLaine: Tough at the top". www.independent.co.uk (en inglés). Consultado o 21 de outubro de 2024. 
  2. "Maharishi Mahesh Yogi; founded Transcendental Meditation movement". Los Angeles Times (en inglés). 2014-09-16. Consultado o 2024-10-21. 
  3. "The Camino: A Journey of the Spirit". Goodreads (en inglés). Consultado o 2024-10-21. 
  4. Haederle, Michael (1992-02-06). "School Founder Listened to That Little Voice". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2024-10-21. 
  5. "Shirley MacLaine Suggests The Holocaust Was A Form Of Karma". web.archive.org. 2015-02-17. Consultado o 2024-10-21. 
  6. Parker, Sachi (2013-12-03). Lucky Me: My Life With--and Without--My Mom, Shirley MacLaine (en inglés). Penguin Publishing Group. ISBN 978-1-59240-862-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]