Shigella dysenteriae
Shigella dysenteriae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe de microscopía de campo escuro na que se onservan bacterias Shigella dysenteriae. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Shigella dysenteriae (Shiga 1897) Castellani & Chalmers 1919 |
Shigella dysenteriae é unha especie de bacterias de forma bacilar do xénero Shigella.[1] Especies de Shigella poden causar shigelose (tamén chamada disentería bacilar)[2]. Son bacterias gramnegativas, non formadoras de esporas, anaerobias facltativas.[3] S. dysenteriae ten a capacidade de invadir e replicarse en varias especies de células epiteliais e enterocitos.[4]
Epidemioloxía
[editar | editar a fonte]As infeccións por Shigella poden contraerse por falta de control da auga potable ou da calidade dos alimentos, cociñar en condicións pouco hixiénicas e, en xeral, prácticas hixiénicas pouco axeitadas.[5]. S. dysenteriae espállase a través de augas e alimentos contaminados, causa unha disentería menor debido á toxina Shiga, pero outras especies poden tamén ser axentes de disenterías.[6] S. dysenteriae libera unha exotoxina que afecta ao tracto gastrointestinal e ao sistema nervioso central.[7] Se actúa como enterotoxina, ocorre a diarrea. Cando actúa como neurotoxina, orixínanse casos graves de shigelose, que inducen comas e meninxismo.[7]
Signos e síntomas
[editar | editar a fonte]Os signos que se observan máis comunmente asociados coa disentería por Shigella son a colite, malnutrición, prolapso rectal, tenesmo, artrite reactiva e problemas no sistema nervioso central. Ademais, S. dysenteriae está asociada co desenvolvemento da síndrome hemolítica-urémica, que inclúe anemia, trombocitopenia e insuficiencia renal. Se un individuo é infectado por S. dysenteriae, experimenta un grave caso de shigelose.[7] A mortalidade é máis alta con S. dysenteriae tipo 1.[4] A maioría dos casos de shigelose danse en países en desenvolvemento. Os gromos de shigelose en Asia, América Latina e África tiveron taxas de mortalidae de ata o 20%.[7]
Diagnóstico
[editar | editar a fonte]Como un espécime fecal típico non é estéril, o uso de placas selectivas é obrigatorio. Inocúlanse XLD ágar, DCA ágar ou ágar entérico Hektoen; todas dan colonias incoloras, xa que o organismo non é un fermentador de lactosa. A inoculación dun tubo inclinado TSI (co medio Triple Sugar Iron. Triplo Azucre Ferro) mostra un tubo alcalino e ácido, pero non gas, ou produción de H
2S. Despois da incubación en SIM (con medio Sulphide Indole Motility, Sulfuro Indol Mobilidade), o cultivo aparece non móbil e sen produción de H
2S. A adición do reactivo de Kovac ao tubo SIM despois do crecemento indica tipicamente que non hai formación de indol (pero os serotipos 2, 7 e 8 producen indol[8]).
A proba do manitol da resultado negativo.[7] A proba da ornitina descarboxilase dá resultados negativos.[7]
Tratamento
[editar | editar a fonte]O tratamento da shigelose, independentemente da subespecie ou tipo implicado, require o uso de antibióticos. Os antibióticos utilizados normalmente son a ampicilina, ciprofloxacina, ceftriaxona, entre outros. Os opioides deberían evitarse no tratamento da shigelose.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ryan, Kenneth James; Ray, C. George, eds. (2004). Sherris Medical Microbiology: an introduction to infectious diseases (4th ed.). McGraw-Hill Professional Med/Tech. ISBN 978-0-8385-8529-0.
- ↑ Diccionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002. Páxina 702.
- ↑ Hale, Thomas L.; Keusch, Gerald T. (1996). "Shigella: Structure, Classification, and Antigenic Types". En Baron, Samuel. Medical microbiology (4 ed.). Galveston, Texas: University of Texas Medical Branch. ISBN 978-0-9631172-1-2. Consultado o 11 de febreiro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Ryan, Kenneth James (2018). "Chapter 33: Enterobacteriaceae". Sherris Medical Microbiology (7th ed.). McGraw-Hill Professional Med/Tech.
- ↑ Justin L. Kaplan MD; Robert S. Porter MD (2018). Larry M. Bush,MD, ed. Merck Manual Consumer Version.
- ↑ Herold S; Karch H; Schmidt H (2004). "Shiga toxin-encoding bacteriophages—genomes in motion". International Journal of Medical Microbiology 294 (2–3): 115–121. PMID 15493821. doi:10.1016/j.ijmm.2004.06.023.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Karen C. Carroll; Jeffery A. Hobden; Steve Miller; Stephen A. Morse; Timothy A. Mietzner; Barbara Detrick; Thomas G. Mitchell; James H. McKerrow; Judy A. Sakanari (2016). "Chapter 15: Enteric Gram-Negative Rods (Enterobacteriaceae)". Jawetz, Melnick, & Adelberg's Medical Microbiology (27 ed.). McGraw-Hill Professional Med/Tech.
- ↑ Germani, Y.; Sansonetti, P.J. (2006). "Chapter 3.3.6: The Genus Shigella". En Dworkin, M. (editor-in-chief). The Prokaryotes: Proteobacteria: gamma subclass 6 (3rd ed.). Springer. pp. 99–122. ISBN 0-387-25496-X. doi:10.1007/0-387-30746-x_6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Shigella dysenteriae". NCBI Taxonomy Browser. 622.
- Cepa tipo de Shigella dysenteriae en BacDive - The Bacterial Diversity Metadatabase