Gammaproteobacterias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gammaproteobacteria»)
Gammaproteobacteria

Vibrio cholerae
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Ordes

As gammaproteobacterias ou Gammaproteobacteria (ás veces escrito gamma-proteobacterias ou proteobacterias gamma) son un grupo de bacterias gramnegativas considerado unha clase dentro do filo Proteobacteria. Comprende bacterias importantes desde o punto de vista médico, ecolóxico e científico, como as Enterobacteriaceae (Escherichia coli), Vibrionaceae e Pseudomonadaceae. Un gran número de patóxenos importantes pertencen a esta clase, como por exemplo, Salmonella (enterites e febres tifoides), Yersinia (peste bubónica), Vibrio (cólera), Pseudomonas aeruginosa (infeccións pulmonares hospitalarias ou que afectan a pacientes de fibrose quística), e Klebsiella pneumoniae responsable de causar pneumonías. Tamén comprende un xénero que leva o nome de Galicia, Gallaecimonas.

Membros do xénero Chromatium son fotosintéticos e utilizan o sulfuro de hidróxeno en troques da auga na súa fotosíntese, expulsando xofre. Algunhas Gammaproteobacteria oxidan metano, e moitas delas viven en simbiose con animais que habitan chemineas oceánicas xeotérmicas.[1]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

As gammaproteobacterias son parafiléticas das betaproteobacterias por culpa de que inclúen o xénero Acidithiobacillus (ver Proteobacteria).

Móstrase a filoxenia das Gammaproteobacteria segundo a Filoxenia de gammaproteobacterias de K.P. Williams et al.[2] Non todas as ordes son monofiléticas (as ordes terminan en -ales). Para as Pseudomonadales, Oceanospirillales e Alteromonadales móstranse as familias (terminación -aceae) e xéneros. Noutras ordes só se indica un xénero.

Acidithiobacillus

Betaproteobacteria

Xanthomonadales

Chromatiales

Methylococcus

Beggiatoa

Legionellales

RuthiaVesicomyosociusThiomicrospiraDichelobacterFrancisella

MoraxellaceaeAlcalinovorax

Saccharophagus, Reinekea

Oceanospirillaceae

Marinobacter

Pseudomonadaceae

PseudoalteromonadaceaeAlteromonasIdiomarinaceae

Shewanellaceae

Psychromonadaceae

Aeromonas

Vibrionales

Pasteurellales

Enterobacteriales

Notas[editar | editar a fonte]

  1. R. Holt, Jack. "INTRODUCTION TO THE GAMMAPROTEOBACTERIA". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  2. Williams KP, Gillespie JJ, Sobral BW, Nordberg EK, Snyder EE, Shallom JM, Dickerman AW. Phylogeny of gammaproteobacteria. J Bacteriol. 2010 May;192(9):2305-14. Epub 2010 Mar 5. PMID 20207755

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]