Manitol
O manitol (E 421) é un azucre-alcohol, polialcohol, ou poliol de tipo monosacárido hidroxenado. É un edulcorante obtido da hidroxenación do azucre manosa.
O manitol pode ter varias utilizacións:
- En alimentos dietéticos.
- Simplemente, como adozante (edulcorante) común.
- En goma de mascar.
- Para fabricar resinas.
- Para substituír a glicosa en especialidades farmacéuticas para que estas poidan ser receitadas para os diabéticos.
- Como substituto do plasma sanguíneo en casos de hemorraxia. Nestes casos úsase como solución ó 20%, a súa duración no torrente sanguíneo é maior que as solucións cristaloides a base de electrólitos (soros).
Máis de 20 gramos de manitol ó día poden ocasionar diarrea.
O manitol ó 20% tamén se usa como diurético osmótico en situacións agudas, como a síndrome nefrótica, ou para aliviar a hipertensión intracranial. Facilita tamén a manipulación cirúrxica cranial. Está contraindicado na insuficiencia cardíaca polo posible edema agudo de pulmón que pode producirse polo exceso de volume. Dependendo da dose pode producir hiponatremia, ou deshidratación e hipernatremia e acidose. O seu emprego máis de 2 ou 3 días é de dubidosa utilidade e de alto risco. Pode producir efecto rebote e producir edema cerebral [1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J.M. Mosquera e P. Glados, Farmacoloxía clínica para enfermería, 4ª edición, páx 332.