Campionato do mundo de tríatlon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Series Mundiais de Tríatlon")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Series Mundiais de Tríatlon
ITU World Triathlon Series.svg
Fundación1989
RexiónAfiliados á ITU
Máis laureadoGalicia Javier Gómez Noya (5 títulos)
Sitio webwww.triathlon.org
Series Mundiais 2019

O Campionato Mundial de Tríatlon (dende 2009 Series Mundiais de Tríatlon) é a máxima competición internacional de tríatlon.

Está organizado dende 1989 pola Unión Internacional de Tríatlon. Ata a edición de 2008 celebrábase nunha soa proba, pero a partir de 2009 dispútase ao longo de varias carreiras, as Series Mundiais, distribuídas ao longo do ano.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1989, fundouse a Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e ese mesmo ano, en agosto, celebrouse a primeira edición do Campionato Mundial en Aviñón. Para esa primeira competición estableceuse a distancia olímpica (máis tarde rebautizada a estándar) en 1.5 km a nado, 40 km de bicicleta e 10 km de carreira a pé. As distancias foron escollidas usando as distancias xa presentes nas olimpíadas para cada disciplina individualmente. Máis de 800 atletas que representaban a 40 países competiron no primeiro Campionato do Mundo.[1]

En 1991 decidiuse crear unha competición que constase de varias probas durante o ano, para o que se deu inicio á Copa do Mundo, coroándose deste xeito cada ano un campión mundial e un campión da Copa do Mundo. En 2009 a ITU reorganizou as súas competicións de máximo nivel, cambiou o nome do Campionato do Mundo polo de Series Mundiais e converteuno nunha competición cunha serie de carreiras ao longo do ano e arredor do mundo. Mentres, a Copa do Mundo foi relegada a unha competición de segundo nivel e reducíuselle o número de carreiras.[2]

Probas que se disputan[editar | editar a fonte]

Na actualidade tan só se disputan probas en categoría elite masculina e feminina (a partir de 18 anos) debido a que as series están conformadas por varias probas en todo o mundo. Non obstante, dende que o campionato do mundo se disputa co este formato, a Gran Final das series faise coincidir cos campionatos do mundo das categorías júnior e sub-23, ademais dos grupos de idade.

Nas Series Mundiais de Tríatlon, hai tres disciplinas diferentes:

  • Estándar: 1,5 km de natación, 40 km de ciclismo e 10 km a pé
  • Sprint: 750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km a pé
  • Relevos mixtos: 4x (300m de natación, 7.5 km de ciclismo e 1.5 km a pé) onde cada atleta completa o ciclo natación-ciclismo-carreira antes de pasar o relevo ao seguinte atleta, sendo a orde dos atletas sempre muller, home, muller, home.

Os atletas son seleccionados pola Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e as federacións nacionais en base aos seus resultados internacionais durante as tempadas anteriores.

Sedes[editar | editar a fonte]

Sedes dos Campionatos do Mundo (ata o 2009)[editar | editar a fonte]

Ano Lugar Data
1989 Aviñón, Flag of France.svg Francia 6 de agosto
1990 Orlando, Estados Unidos de América Estados Unidos 15 de setembro
1991 Queensland, Australia Australia 13 de outubro
1992 Muskoka, Flag of Canada.svg Canadá 12 de setembro
1993 Manchester, Reino Unido Reino Unido 22 de agosto
1994 Wellington, Nova Zelandia Nova Zelandia 27 de novembro
1995 Cancún, Flag of Mexico.svg México 12 de novembro
1996 Cleveland, Estados Unidos de América Estados Unidos 24 de agosto
1997 Perth, Australia Australia 16 de novembro
1998 Lausana, Suíza Suíza 30 de agosto
1999 Montreal, Flag of Canada.svg Canadá 12 de setembro
2000 Perth, Australia Australia 30 de abril
2001 Edmonton, Flag of Canada.svg Canadá 22 de xullo
2002 Cancún, Flag of Mexico.svg México 9-10 de novembro
2003 Queenstown, Nova Zelandia Nova Zelandia 6-7 de decembro
2004 Madeira, Portugal Portugal 9 de maio
2005 Gamagōri, Flag of Japan.svg Xapón 10-11 de setembro
2006 Lausana, Suíza Suíza 2-3 de setembro
2007 Hamburgo, Alemaña Alemaña 30 de agosto-2 de setembro
2008 Vancouver, Flag of Canada.svg Canadá 5-8 de xuño

Sedes das Grandes Finais (dende o 2009)[editar | editar a fonte]

Ano Lugar Data
2009 Gold Coast, Australia Australia 9-13 de setembro
2010 Budapest, Hungría Hungría 8-12 de setembro
2011 Beijing, Flag of the People's Republic of China.svg China 10-11 de setembro
2012 Auckland, Nova Zelandia Nova Zelandia 20-21 de outubro
2013 Londres, Reino Unido Reino Unido 14-15 de setembro
2014 Edmonton, Flag of Canada.svg Canadá 1 de setembro
2015 Chicago, Estados Unidos de América Estados Unidos 17
2016 Cozumel, Flag of Mexico.svg México 11-18 de setembro
2017 Róterdam, Países Baixos Países Baixos 14-17 de setembro
2018 Gold Coast, Australia Australia 12-16 de setembro
2019 Lausana, Suíza Suíza 30 de agosto - 1 de setembro
2020 Edmonton, Flag of Canada.svg Canadá

Probas das series mundiais dende 2009[editar | editar a fonte]

As iniciais GF identifican o lugar da Gran Final.

Edicións[3][editar | editar a fonte]

Palmarés total por países[editar | editar a fonte]

Masculino[editar | editar a fonte]

Países Ouro Ouro Prata Prata Bronce Bronce
Reino Unido Reino Unido 10 6 3
Galicia Galicia 6 6 1
Australia Australia 6 6 7
España España 3 2 2
Estados Unidos de América Estados Unidos 1 1
Nova Zelandia Nova Zelandia 1 5 3
Flag of Kazakhstan.svg Casaquistán 1 1
Suíza Suíza 1 1 2
Alemaña Alemaña 1 2 3
Flag of France.svg Francia 1 2
Bélxica Bélxica 1
Rusia Rusia 1
Noruega Noruega 1
Flag of Brazil.svg Brasil 1
Países Baixos Países Baixos 1

Feminino[editar | editar a fonte]

Países Ouro Ouro Prata Prata Bronce Bronce
Australia Australia 13 9 5
Estados Unidos de América Estados Unidos 6 9 12
Reino Unido Reino Unido 4 1 2
Nova Zelandia Nova Zelandia 2 2 5
Flag of Bermuda.svg Bermudas 2
Suecia Suecia 1 1 1
Portugal Portugal 1 1
Flag of Canada.svg Canadá 1 4 2
Suíza Suíza 1
Dinamarca Dinamarca 1
Alemaña Alemaña 1 1
Flag of Japan.svg Xapón 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia da ITU". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  2. "ITU replaces one-day Elite World Championship with new six-race ‘Super Series’" (en inglés). 12 de setembro de 2008. Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  3. "Ránking por anos". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2019.