Campionato do mundo de tríatlon
| Tipo | campionato do mundo |
|---|---|
| Deporte | tríatlon |
| Organizador | Tríatlon Mundial |
| Localización e Datas | |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
O Campionato Mundial de Tríatlon (dende 2009 Series Mundiais de Tríatlon) é a máxima competición internacional de tríatlon.
Está organizado dende 1989 pola Unión Internacional de Tríatlon. Ata a edición de 2008 celebrábase nunha soa proba, pero a partir de 2009 dispútase ao longo de varias carreiras, as Series Mundiais, distribuídas ao longo do ano.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1989, fundouse a Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e ese mesmo ano, en agosto, celebrouse a primeira edición do Campionato Mundial en Aviñón. Para esa primeira competición estableceuse a distancia olímpica (máis tarde rebautizada a estándar) en 1.5 km a nado, 40 km de bicicleta e 10 km de carreira a pé. As distancias foron escollidas usando as distancias xa presentes nas olimpíadas para cada disciplina individualmente. Máis de 800 atletas que representaban a 40 países competiron no primeiro Campionato do Mundo.[1]
En 1991 decidiuse crear unha competición que constase de varias probas durante o ano, para o que se deu inicio á Copa do Mundo, coroándose deste xeito cada ano un campión mundial e un campión da Copa do Mundo. En 2009 a ITU reorganizou as súas competicións de máximo nivel, cambiou o nome do Campionato do Mundo polo de Series Mundiais e converteuno nunha competición cunha serie de carreiras ao longo do ano e arredor do mundo. Mentres, a Copa do Mundo foi relegada a unha competición de segundo nivel e reducíuselle o número de carreiras.[2]
Para a edición de 2020, debido á pandemia por coronavirus, a ITU decidiu que o Campionato Mundial se disputase a unha soa proba, no Tríatlon de Hamburgo.[3]
Probas que se disputan
[editar | editar a fonte]Na actualidade tan só se disputan probas en categoría elite masculina e feminina (a partir de 18 anos) debido a que as series están conformadas por varias probas en todo o mundo. Non obstante, dende que o campionato do mundo se disputa con este formato, a Gran Final das series faise coincidir cos campionatos do mundo das categorías júnior e sub-23, ademais dos grupos de idade.
Nas Series Mundiais de Tríatlon, hai tres disciplinas diferentes:
- Estándar: 1,5 km de natación, 40 km de ciclismo e 10 km a pé
- Sprint: 750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km a pé
- Relevos mixtos: 4x (300m de natación, 7.5 km de ciclismo e 1.5 km a pé) onde cada atleta completa o ciclo natación-ciclismo-carreira antes de pasar o relevo ao seguinte atleta, sendo a orde dos atletas sempre muller, home, muller, home.

Os atletas son seleccionados pola Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e as federacións nacionais en base aos seus resultados internacionais durante as tempadas anteriores.
Sedes
[editar | editar a fonte]Sedes dos Campionatos do Mundo (ata o 2009)
[editar | editar a fonte]| Ano | Lugar | Data |
|---|---|---|
| 1989 | Aviñón, |
6 de agosto |
| 1990 | Orlando, |
15 de setembro |
| 1991 | Queensland, |
13 de outubro |
| 1992 | Muskoka, |
12 de setembro |
| 1993 | Manchester, |
22 de agosto |
| 1994 | Wellington, |
27 de novembro |
| 1995 | Cancún, |
12 de novembro |
| 1996 | Cleveland, |
24 de agosto |
| 1997 | Perth, |
16 de novembro |
| 1998 | Lausana, |
30 de agosto |
| 1999 | Montreal, |
12 de setembro |
| 2000 | Perth, |
30 de abril |
| 2001 | Edmonton, |
22 de xullo |
| 2002 | Cancún, |
9-10 de novembro |
| 2003 | Queenstown, |
6-7 de decembro |
| 2004 | Madeira, |
9 de maio |
| 2005 | Gamagōri, |
10-11 de setembro |
| 2006 | Lausana, |
2-3 de setembro |
| 2007 | Hamburgo, |
30 de agosto-2 de setembro |
| 2008 | Vancouver, |
5-8 de xuño |
Sedes das Grandes Finais (dende o 2009)
[editar | editar a fonte]| Ano | Lugar | Data |
|---|---|---|
| 2009 | Gold Coast, |
9-13 de setembro |
| 2010 | Budapest, |
8-12 de setembro |
| 2011 | Beijing, |
10-11 de setembro |
| 2012 | Auckland, |
20-21 de outubro |
| 2013 | Londres, |
14-15 de setembro |
| 2014 | Edmonton, |
1 de setembro |
| 2015 | Chicago, |
17 |
| 2016 | Cozumel, |
11-18 de setembro |
| 2017 | Rotterdam, |
14-17 de setembro |
| 2018 | Gold Coast, |
12-16 de setembro |
| 2019 | Lausana, |
30 de agosto - 1 de setembro |
| 2020 | Hamburgo, |
5 de setembro |
Probas das series mundiais dende 2009
[editar | editar a fonte]As iniciais GF identifican o lugar da Gran Final.
| País | Cidade | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Hamburgo | • | • | • | • | • | • | • | • | • | • | • | GF | |
| Gold Coast | GF | • | • | • | GF | ||||||||
| Sydney | • | • | • | ||||||||||
| Kitzbühel | • | • | • | • | • | ||||||||
| Bermudas | • | • | |||||||||||
| Edmonton | GF | • | • | • | • | • | |||||||
| Montreal | • | • | • | ||||||||||
| Beijing | GF | ||||||||||||
| Seúl | • | ||||||||||||
| Tongyeong | • | ||||||||||||
| Abu Zabi | • | • | • | • | • | ||||||||
| Madrid | • | • | • | • | • | ||||||||
| Chicago | • | GF | |||||||||||
| San Diego | • | • | |||||||||||
| Washington, D.C. | • | ||||||||||||
| Budapest | GF | ||||||||||||
| Cozumel | GF | ||||||||||||
| Auckland | GF | • | • | • | |||||||||
| Rotterdam | GF | ||||||||||||
| Leeds | • | • | • | • | |||||||||
| Londres | • | • | • | GF | • | • | |||||||
| Nottingham | • | ||||||||||||
| Estocolmo | • | • | • | • | • | • | |||||||
| Lausana | • | GF | |||||||||||
| Cidade do Cabo | • | • | • | ||||||||||
| Yokohama | • | • | • | • | • | • | • | • | • | • | |||
| Número de carreiras | 8 | 7 | 8 | 8 | 8 | 8 | 10 | 9 | 9 | 9 | 8 | 1 | |
Edicións[4]
[editar | editar a fonte]Palmarés total por países
[editar | editar a fonte]Masculino[editar | editar a fonte]
|
Feminino[editar | editar a fonte]
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia da ITU". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2019.
- ↑ "ITU replaces one-day Elite World Championship with new six-race ‘Super Series’" (en inglés). 12 de setembro de 2008. Consultado o 20 de xuño de 2019.
- ↑ "El Campeón del Mundo de Triatlón ITU 2020 se conocerá en las WTS de Hamburgo" (en castelán). 25 de agosto de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020.
- ↑ "Ránking por anos". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2019.