Scelarcis perspicillata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scelarcis perspicillata
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida (Réptiles)
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Lacertinae
Tribo: Lacertini
Xénero: Scelarcis
Fitzinger, 1843
Especie: S. perspicillata
Nome binomial
Scelarcis perspicillata
(André Marie Constant Duméril
Área de distribución de Scelarcis perspicillata En vermello, nativa En rosa, introducida
Área de distribución de Scelarcis perspicillata
En vermello, nativa
En rosa, introducida

Área de distribución de Scelarcis perspicillata
En vermello, nativa
En rosa, introducida
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Scelarcis perspicillata é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos Lacertini, a única do xénero Scelarcis.[2][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]

O xénero Scelarcis foi descrito en 1843 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger.[2][3]

Especie[editar | editar a fonte]

A especie describírona en 1839 polo zoólogo e naturalista francés André Marie Constant Duméril e o seu campatriota Gabriel Bibron, zoólogo especializado en herpetoloxía, baixo o nome de Lacerta perspicillata.[4]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Lacerta perspicillata Duméril & Bibron, 1839 (protónimo)
  • Lacerta perspicillata subsp. chabanaudi Werner, 1931
  • Lacerta perspicillata f. tazana Werner, 1931
  • Lacerta perspicillata subsp. pellegrini Werner, 1929
  • Podarcis perspicillata (Duméril & Bibron, 1839)
  • Teira perspicillata (Duméril & Bibron, 1839)
  • Tiera perspicillata (Duméril & Bibron, 1839)

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

A súa clasificación foi incerta durante moito tempo, e situouse nos xéneros Teira, Podarcis, Lacerta e, finalmente, Scelarcis.[5]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense tres subespecies:[6]

Nome científico Autor Distribución
Scelarcis perspicillata chabanaudi Werner, 1931 Alxeria, Marrocos, introcucida en España
Scelarcis perspicillata pellegrini Werner, 1929 Marrocos
Scelarcis perspicillata perspicillata Duméril & Bibron, 1839 Marrocos

Distribución[editar | editar a fonte]

Scelarcis perspicillata encóntrase no noroeste de África, principalmente nas montañas de Marrocos, pero tamén até o nivel do mar en Alxeria. Rexistrouse por primeira vez en Menorca en 1928.[5]

Características[editar | editar a fonte]

Scelarcis perspicillata é un lagarto de tamaño mediano e de corpo bastante aplanado que pode alcanzar unha lonxitude de 6 cm, cunha cola que mide aproximadamente 1,7 veces a lonxitude do corpo desde o fociño até a fendedujra cloacal. Existen varias formas de varias cores. En Marrocos adoita ser de cor parada agrisada, moitas veces con dúas franxas anchas e pálidas ao longo das costas. En Menorca a cor é pálida, gris ou verde-agrisada, densamente cuberta de manchas escuras, tipo rede. En todas as áreas de diistribución, a cola adoita ser azulada, especialmente nos individuos máis pequenos. Pódese distinguir doutros lagartos similares pola presenza dunha "xanela" transparente na súa pálpebra inferior. As partes inferiores son brancas ou azuladas. Ocasionalmente aparecen individuos de cor completamente escura.[5]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Scelarcis perspicillata é unha especie áxil e atópase trepando por rochas, paredes, cantís e pedras, e sobre troncos de árbores, no chan entre matogueiras e nos arredores de edificios. Aliméntase tanto no chan como nas rochas. A súa cola é bastante fráxil, e moitas veces pódense ver individuos con colas rexeneradas. As femias poñen niñadas pequenas, de un a tres ovos, que miden de 12 a 17 mm por 6 a 8 mm.[5]

Presenza en Menorca[editar | editar a fonte]

A presenza desta especie en Menorca coñécese desde 1928, e acéptase que os fundadores da poboación menorquina poderían proceder do porto de Orán ou dos seus arredores, onde aínda a especie é relativamente común. De feito, algunhas análises preliminares de secuencias de ADN mitocondrial mostran que estes lagartos de Menorca e os que proceden do noroeste alxeriano son practicamente idénticas. De confirmarse esta posibilidade, a data máis probábel da chegada á illa podería situarse entre os anos 1782 e 1791, un curto período durante o que Menorca e o Presidio de Orán coincidiron baixo a soberanía da Coroa de España, chegando a manter un intenso intercambio de bens civís e militares. Actualmente é unha especie relativamente común en Ciutadella ―probábel porto de entrada da especie― e o oeste da illa, aínda que tamén colonizou outras localidades menorquinas, como Mahó e Cap Cavalleria. Falta por completo no centro e no leste da illa. As súas densidades de poboación poden chegar a seren elevadas a nivel local, e a especie pode vivir en sintopía con Podarcis siculus (tamén introducida), aínda que, cando isto ocorre, ambas as especies mostran unha clara segregación espacial.[7]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arnold, E. Nicholas & Ovenden, Denys W. (2002): Field Guide: Reptiles & Amphibians of Britain & Europe. Collins & Co. ISBN 978-0-0021-9964-3.
  • Duméril, A. M. C. & Bibron, G. (1839): Erpétologie Générale on Histoire Naturelle Complète des Reptiles. Tome cinquième. Paris: Librairie Encyclopédique de Roret.
  • Werner, F. (1929): "Wissenschaftliche Ergebnisse einer zoologischen Forschungsreise nach Westalgerien und Marokko". Sitzungsberichte der Kaiserliche Akademie der Wissenschaften in Wien 138: 1-34.
  • Werner, F. (1931): "Ergebnisse einer zoologischen Forschungsreise nach Marokko. III. Unternommen 1930 mit Unterstützung der Akademie der Wissenschaften in Wien von Franz Werner und Richard Ebner. III. Amphibien und Reptilien". Sitzungsberichte der Kaiserliche Akademie der Wissenschaften in Wien 140: 271-318.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Philippe Geniez, Tahar Slimani, El Hassan El Mouden & Iñigo Martínez-Solano (2009): Scelarcis perspicillata na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 3 de outubro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Scelarcis Fitzinger, 1843 no GBIF. Consultado o 3 de outubro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Scelarcis Fitzinger, 1843 na BioLib. Consultada o 3 de outubro de 2022.
  4. 4,0 4,1 Scelarcis perspicillata (Duméril & Bibron, 1839) no GBIF.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Arnold, E. et al., 2002 & pp 156–157.
  6. Scelarcis perspicillata (Duméril & Bibron, 1839).
  7. José A. Mateo, César Ayres & Luís F. López-Jurado (2011): "Los anfibios y reptiles naturalizados en España: Historia y evolución de una problemática creciente". Bol. Asoc. Herpetol. Esp. 22: 22.