Santiago Grisolía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSantiago Grisolía

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 2022 Editar o valor em Wikidata (99 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid
Universidade de Valencia
Universidade de Nova York Editar o valor em Wikidata
Director de teseSevero Ochoa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina, clínica médica (pt) Traducir, química clínica (pt) Traducir e Bioquímica clínica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbioquímico , internista , profesor universitario , médico , biólogo , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade do Kansas (pt) Traducir
Universidade de Chicago
Universidade de Wisconsin-Madison Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresSevero Ochoa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
9 de abril de 2003Democracia sen rabia Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMarquess of Grisolía (en) Traducir (2014–) Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 324375

Santiago Grisolía García, nado en Valencia o 6 de xaneiro de 1923 e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 2022,[1][2] foi un bioquímico valenciano.[3] Foi nomeado Marqués de Grisolía en 2014.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Santiago Grisolía comezou a carreira de Medicina na Universidade de Madrid[5] pero marchou á Universidade de Valencia onde se licenciou en 1944[6] con matrícula de honra[7] e, posteriormente, obrivo o doutoramento na Universidade de Madrid. En xaneiro de 1946 conseguira unha bolsa de ampliación de estudos para os Estados Unidos e marchou ao Departamento de Bioquímica e Farmacoloxía na Universidade de Nova York, que estaba baixo a dirección de Severo Ochoa de quen foi un dos seus discípulos.[6] Nesta universidade, comezou as súas investigacións sobre a fixación do dióxido de carbono, un tema que nunca abandonou.[3]

Escudo de armas do 1º Marqués de Grisolía.

Publicou máis de catrocentos traballos científicos e unha trintena de artigos divulgativos. Tamén desenvolveu un enorme labor docente e investigador ao longo de moitos anos en moitos países europeos e americanos. Foi profesor de bioquímica e bioloxía na Universidade de Chicago (1946), Wisconsin (1948) e profesor adxunto do departamento de Medicina e Bioquímica na de Kansas (1954) do que chegou a ser director[5] e, despois, catedrático[8] e ampliou as súas investigacións sobre o ciclo da urea (mecanismo polo cal os mamíferos eliminan un produto da degradación das proteínas que é tóxico para eles) e demostrou que a citrulina é un intermediario neste ciclo.

En 1977, retornou a España para dirixi-lo Instituto de Investigacións Citolóxicas de Valencia.[6] En 1979, foi elixido académico da Real Academia de Farmacia de Madrid e, en 1980, secretario da Fundación Valenciana de Estudos Avanzados.[5]

En 1988, participou na organización en Valencia da primeira Conferencia Internacional para o Proxecto sobre o Xenoma Humano[9] e, ese mesmo ano,.foi designado Presidente do Comité de Coordinación Científica do Proxecto Xenoma Humano para a UNESCO,[6][8] foi vicepresidente do Padroado da Fundación Valenciana de Investigación Biomédica e, en 1995, asesor do presidente da Generalitat Valenciana para a Ciencia e a Tecnoloxía. Presidiu o Consello da Cultura Valenciana dende 1996 ata a súa morte,[6] e os consellos consultivos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Valencia e dos Museos Científicos de Cuenca e Valencia.[3][10]

Foi o promotor e impulsor dos premios de investigación Jaume I, da Generalitat valenciá.[9][7]

Morreu o 4 de agosto de 2022, por mor das complicacións ocasionadas pola Covid-19.[9]

Escolma de obras[editar | editar a fonte]

Até xaneiro de 2001, tiña publicadas máis de 480 publicacións científicas, 8 libros e máis de 100 artigos de divulgación xeral.[11]

Ten pulbicado máis de 400 traballos científicos[9] e aquí destácase unha pequena escolma:

Obras individuais[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Sols, Alberto; Grisolía, Santiago (1988). Severo Ochoa en imágenes. Fundación Colegio Libre de Eméritos Universitarios. ISBN 978-84-404-2060-2
  • Sanmartín Esplugues, José; Grisolía, James S.; Grisolía, Santiago (1998). Violencia, televisión y cine. Editorial Ariel. ISBN 978-84-344-7465-9
  • Puigdomènech, Pere; Grisolía, Santiago; Ayala, Francisco J. (2002). Genética. Círculo de Lectores. ISBN 978-84-226-9669-8
  • Grisolía, Santiago; Puigdomènech, Pere; Ayala, Francisco J. (2003). Genética. Nuevas Ediciones de Bolsillo. ISBN 978-84-9759-560-5

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1990 recibiu, xunto con Salvador Moncada, o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica[7] "polo seu traballo científico na área da Bioquímica en campos moi diversos, principalmente na enzimoloxía do metabolismo do nitróxeno relacionado co ciclo da urea e a degradación das pirimidinas".[3]

No ano 2000,recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito na Investigación e na Educación Universitaria.[12]

Foi membro da Academia Europea de Ciencias e Artes, presidente do Consello Valenciano da Cultura, académico de honra da Real Academia de Doutores de España, membro fundador do Colexio Libre de Eméritos e Doutor Honoris Causa polas Universidades de Salamanca, Barcelona, ​​​​Valencia,[8] Madrid, León, País Vasco, Siena, Florencia, Kansas,[8] As Palmas de Gran Canaria, Universidade Politécnica de Valencia, Universidade de Lisboa, Universidade Nacional de Educación a Distancia e Universidade de Castela-A Mancha.[13]

En 2014, foi nomeado por Xoán Carlos I, marqués de Grisolía polo seu "prolongado e encomiable labor investigador e docente", e pola súa "contribución ao coñecemento científico".[6]

En marzo de 2018 recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Frances Thompson, profesora asistente da facultade de Medicina de Madison, a quen coñeceu alñi durante a súa estancia en 1945, e co que permaneceu casado até a morte dela en setembro de 2017.[9][14] Tiveron dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (4 de agosto de 2022). "S’ha mort Santiago Grisolía, el bioquímic que va dirigir el projecte del genoma humà". vilaweb.cat (en catalán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  2. Martí, Joan Carles (4 de agosto de 2022). "Muere Santiago Grisolía a los 99 años". levante-emv.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Santiago Grisolía". cvc.gva.es (en catalán). 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  4. BOE (14 de maio de 2014). "Real Decreto 353/2014, de 13 de mayo, por el que se concede el título de Marqués de Grisolía a don Santiago Grisolía García.". Boletín Oficial del Estado (117): 37785 a 37785. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Fernández, Tomás; Tamaro, Elena (2022). "Santiago Grisolía García". Biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica en línea (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Redacción/EFE (4 de agosto de 2022). "Muere Santiago Grisolía, el gran divulgador y científico valenciano". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Bono, Ferrán; Criado, Miguel Ángel (4 de agosto de 2022). "Muere el científico valenciano Santiago Grisolía". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Santiago Grisolía García". upv.es (en castelán). 2020. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Redacción (4 de agosto de 2022). "Muere Santiago Grisolía, eminente científico español". elcorreoweb.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  10. "Las Corts renuevan el Consell Valencià de Cultura al elegir a 14 nuevos consejeros". 
  11. "Santiago Grisolía (España)". Sociedade Internacional de Bio Ética (SIBI) (en castelán). 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  12. Ramírez Jiménez, David (22 de outubro de 2014). "Medalla al Mérito en la Investigación y la Educación Universitaria". numismaticodigital.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  13. Fundación Valenciana de Estudios Avanzados (12 de xullo de 2013). "Curriculum Vitae. Profesor D. Santiago Grisolia". fvea.es (en castelán). Archived from the original on 12 de xullo de 2013. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  14. Torre, Noa de la (4 de agosto de 2022). "Santiago Grisolía, el científico marqués que abrió Valencia a los Nobel". elmundo.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]