O Presidente da Generalitat Valenciana é a cabeza do consello ou goberno valenciano e é elixido polas Cortes Valencianas.
Despois da elección, segundo a normativa do Estatuto de Autonomía do País Valenciano e o regulamento das cortes, o presidente ten a potestade de elixir un novo consello, do que forman parte os conselleiros, que han de prometer ou xurar o estatuto e a constitución e que se fan cargo de diferentes áreas de goberno ou consellerías.
O Presidente da Generalitat é o representante máximo e ordinario do Estado Español na Comunidade Valenciana.