Saltar ao contido

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CAF
TipoSociedade Anónima
Fundación1917
MatrizGrupo CAF, S.A.
LocalizaciónC/ José Miguel Iturrioz, 26. 20200 Beasain (Guipúscoa) País Vasco País Vasco
Persoas claveAndrés Arizkorreta
IndustriaMaterial ferroviario
ProdutosTrens, material ferroviario
Beneficio1450 millóns de euros (en 2014)
Número de empregados7000
Na rede
http://www.caf.net/
BNE: XX98620
editar datos en Wikidata ]

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles máis coñecido pola contracción do seu nome: CAF, é unha empresa vasca con sede social en Beasain (Guipúscoa) que leva décadas a construír trens e material ferroviario para as redes de tranvía, ferrocarril metropolitano e suburbano, de medio e longo percorrido e de alta velocidade máis importantes do mundo.

As súas orixes remóntanse a 1895, cando Gustavo Carde e Nicolás Escoriaza fundaron a empresa de carpintaría mecánica e fabricación de material automóbil Carde e Escoriaza. Esta sociedade forneceu, entre 1895 e 1918, tranvías a cidades como Donostia, Bilbao, Cádiz, Madrid ou Barcelona entre outras. Asemade, produciu coches para o Metro de Madrid e diversos automotores e coches remolcados. En 1920 mudou o nome a Material Móvil y Construcciones, e en 1954 a Compañía Auxiliar de Ferrocarriles adquiriu o control da sociedade fundada por Carde e Escoriaza.[1]

Entre 1971 e 1992 naceu CAF, tal e como se lle coñece hoxe en día, após a fusión da empresa orixinal coa Compañía Auxiliar de Ferrocarriles e o traslado ás instalacións de Zaragoza. Logo chegou a súa presenza nos mercados europeos, a súa consolidación internacional e a cofundación de subsidiarias[1] como Actren en España[2] ou o consorcio Frota BH no Brasil[3]. Nos últimos anos encóntrase entre as 200 maiores empresas españolas.[4]

En xaneiro de 2018 confirmouse a participación do Goberno Vasco en CAF coa adquisición do 1,24% -por 15 millóns de euros- do total de accións da empresa.[5]

Alta Velocidade

[editar | editar a fonte]

Co seu automotor eléctrico de alta velocidade bautizado como Oaris, CAF busca introducirse nun nicho, o de velocidades máximas comercias en servizos de longo percorrido, encomendado até o de agora por Renfe a competidores como Talgo, Siemens ou Alstom.[6]

Material rodante fabricado por CAF

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles (CAF). Oficina técnica". dara.aragon.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 2018-01-04. 
  2. "LA COMPAÑIA". www.actren.es (en castelán). Consultado o 2018-01-04. 
  3. "CAF SE ADJUDICA UN CONTRATO PARA SUMINISTRAR 35 UNIDADES A LA CIUDAD DE SAO PAULO EN BRASIL". www.caf.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 2018-01-04. 
  4. "Ranking de empresas Nacional". El Economista (en castelán). Consultado o 2018-01-04. 
  5. "El Gobierno Vasco compra el 1,24% de las acciones de CAF por 15 millones de euros". El Diario Vasco (en castelán). 2018-01-04. Consultado o 2018-01-05. 
  6. Gorospe, Pedro (2010-05-23). "'Oaris', la nueva alta velocidad de CAF". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2018-01-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados

[editar | editar a fonte]