Suzuki
| Suzuki | |
|---|---|
|
Epónimo
| |
|
Forma xurídica
| |
|
Texto lema
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Propietario/a
Shizuoka Bank (pt) | |
|
Fundador/a
| |
|
Director/a executivo/a
| |
|
Cadro de persoal
| |
|
Ten en propiendade
CAMI (pt) IRD (en) Taiwan Suzuki Automobile Corp. (en) | |
|
Membro de
| |
|
Entidades subsidiarias
Suzuki Motor Gujarat (en) Suzuki Motorcycle India Limited (en) | |
| Actividade | |
|
Industria
| |
|
Produto
| |
| Economía | |
|
Bolsa de valores
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Localización | |
|
Sede
| |
|
Área de operación
| |
|
Lugar de formación
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata G:Commons C:Commons |
Suzuki Motor Corporation (スズキ株式会社 Suzuki Kabushiki-Kaisha?), é unha empresa xaponesa dedicada á fabricación de automóbiles (especialmente todoterreos e compactos), motocicletas, motores fóra borda, e unha variedade de produtos equipados con motores de combustión.[1] Foi fundada en 1909 na localidade de Hamamatsu por Michio Suzuki.[2] En 2016 Suzuki foi o maior fabricante de automóbiles subcompactos a nivel mundial. Por segundo ano consecutivo, foi a marca número un en automóbiles pequenos. En setembro de 2017, as vendas globais da marca superou 102,6 millóns de unidades comercializadas dende que iniciou a fabricación de automóbiles en 1955.[3] A cifra produtiva de Suzuki situouse en 3,05 millóns de unidades en 2019, un 11,1% menos que o ano anterior. A marca construíu 946.768 unidades no Xapón, e a súa produción no resto do mundo foi de 2,1 millóns de unidades.[4]
Suzuki é un fabricante independente, aínda que durante uns anos tivo vínculos próximos con General Motors e Volkswagen, sen chegar a ser controlado por outro fabricante.[5]
Historia
[editar | editar a fonte]

A compañía foi fundada en 1909 co nome de Suzuki Loom Works, dedicada inicialmente á fabricación de teares. En 1952 Suzuki comezou a fabricar un modelo de bicicleta motorizada equipada cun motor 2x36cc. Ao ano seguinte introduciu un segundo modelo de bicicleta. En 1954 cambiaouse o nome da compañía polo de Suzuki Motor Co., Ltd, e construíuse a “Colleda”, a súa primeira motocicleta completa. Tratábase dunha máquina monocilíndrica de 90cc.[2]
En outubro de 1955 Suzuki introduciu o seu primeiro coche fabricado en serie, o Suzulight, con motorización de dous cilindros, dous tempos e 360cc. que tivo moi boa acollida no Xapón.[6] En 1961 introduciu o Suzulight Carry, que foi a primeira das moitas furgonetas da marca.[7]
O primeiro automóbil Suzuki que entrou en produción regularmente foi o Suzulite de 1961, un pequeno vehículo de 4 prazas coas siglas 360 TL. O motor, situado na parte dianteira en posición transversal, era de dous cilindros en liña, e a súa cilindrada era de 360cc. A tracción era dianteira e a transmisión de tres velocidades. Cunha potencia de 21 CV SAE a 4500 rpm, podía alcanzar os 85 km/h.
Nos anos 1970, os modelos Fronte e Jimny fixeron posible aumentar as exportacións. En 1981 Suzuki alcanzou un acordo con General Motors para satisfacer a crecente demanda de coches pequenos. Coa axuda de "Isuzu" o "Sprint" de Chevrolet ("Suzuki Cultus" no Xapón) introduciuse nos Estados Unidos, co que deu inicio á serie de alianzas que realizou con outros fabricantes automobilísticos. En 1985 o modelo "Samurai" foi o primeiro automóbil nos Estados Unidos lanzado baixo a marca de fábrica de Suzuki. Así mesmo, dende 1987 Suzuki exportou algúns dos seus modelos aos Estados Unidos baixo a marca de fábrica Geo creada por GM para competir coas marcas estranxeiras. En 1998 Chevrolet absorbeu Geo, pasando os seus modelos a ser vendidos baixo a marca Chevrolet.[8]
En 2002, as vendas globais da marca alcanzaron os 30 millóns de unidades.[9]
Fabricación
[editar | editar a fonte]A maior produción de vehículos de Suzuki continúa centrándose no Xapón e na India, con Maruti Udyog.
En 2020, a entrada en vigor da normativa sobre emisións da Unión Europea supuxo o fin da comercialización do Suzuki Jimny nos estados membros debido ás súas elevadas emisións de dióxido de carbono, que poderían afectar a media de toda a súa gama de modelos, o que lle obrigaría a pagar unha multa.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Suzuki". Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Historia". Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ "Suzuki es el mayor fabricante de autos subcompactos del mundo". 1 de novembro de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ "Toyota, único fabricante japonés que aumentó su producción en todo el mundo en 2019". 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ "Suzuki". Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ "Suzulight fue el primer coche de Suzuki". 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ Fourie, Louis (2016). FriesenPress, ed. On a Global Mission: The Automobiles of General Motors International (en inglés). ISBN 1460296907.
- ↑ "Off-road casual: Geo Tracker 1989-1997". 26 de agosto de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ "Historia de Suzuki". Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ "Suzuki paraliza las ventas del todoterreno Jimny por sus elevadas emisiones". 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suzuki |
| A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
